Bisbarra, 19 de outubro do 2020 – Os casos de Covid na Área Sanitaria seguen subindo e pasaron de 660 o pasado venres a 719 onte domingo, 59 máis.
Os datos de positivos por Covid nos centros educativos estabilízanse e o sábado seguían sendo, na Área Sanitaria Santiago Barbanza, de 75. Segue con 5 casos a escola Infantil da Madalena e con 4 o IES do Milladoiro, ambos os dous en Ames; La Salle, en Santiago, e o outro centro con 4 positivos. O Colexio de Ventín, no Milladoiro, baixa a 3 casos, os mesmos que O CEIP Alfonso Rodríguez Castelao de Ordes e o Arcebispo Xelmirez 1 de Santiago.
Ames e Ordes en vermello
Ordes entra en nivel de alerta 3 xa que pasou dos 9 casos positivos por Covid,dos que informábamos o pasado xoves, aos 28 casos activos dos que daba conta o concello na fin de semana. Ames segue tamén en nivel 3 pero baixa aos 95 casos, dous menos.
O maior parte dos concellos en verde
Teo e Mesía son os únicos concellos en nivel laranxa, entre 14 e 21 nos últimos sete días, de toda a Área Sanitaria. A Estrada, Muros, Lalín, Porto do Son, Ribeira e Rois situánse en nivel amarelo, entre 7 e 14 casos nos últimos sete días, e o resto dos concellos en verde e dicir que non chegan en ningún caso aos 7 positivos na última semana.