Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Boqueixón
  • Ordes
  • Xeral

Ordes e Boqueixón traballan pola prevención do suicidio

boqueixon-ordes-loita-suicidio-slide-7-novembro-2024_r

Bisbarra, 7 de novembro do 2024 – Un problema vello e enquistado do que non se fala e contra o que agora tentan loitar a mancomunidade de Ordes e o concello de Boqueixón: o suicidio.

A mancomunidade de Ordes coloca desde esta semana un punto informativo no CIM. O espazo contará con materiais de axuda e recomendacións sobre condutas suicidas, ao abeiro do programa “Falamos?” da asociación Andaina Pro Saúde Mental.

O punto informativo estará instalado ata finais de ano e os recursos de prevención do suicidio estarán accesibles para todas as persoas que acudan á oficina do CIM. O programa “Falamos?” da asociación Andaina Pro Saúde Mental, céntrase na mellora da detección e intervención en risco de suicidio en áreas rurais.

A través desta iniciativa, desenvólvense actuacións de sensibilización, información e asesoramento específico para persoas en situación de risco, así como formación para profesionais do eido socio-sanitario.

O Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Ordes ofrece información xurídica, atención psicolóxica, información sobre os recursos existentes na zona e calquera outra actividade que poida mellorar a igualdade entre homes e mulleres na comarca de Ordes.

A través deste servizo pódese acceder a asesoramento confidencial e gratuíto, os luns, martes e xoves, en Ordes, e os mércores e venres, en Oroso. O seu horario de atención é de 8:00 a 15:00 horas (de luns a venres), e pódese contactar no 981 682 108 e no enderezo cim@mancomunidadeordes.gal.

Boqueixón

Pola súa banda o Concello de Boqueixón aproveita o mesmo programa impulsado pola Andaina Pro Saúde Mental, en este caso o punto informativo estará colocado na entrada da casa consistorial e engade un punto de lectura na biblioteca municipal durante este mes de novembro. O punto informativo estará aberto na casa do concello no Forte ata finais de novembro, momento no que será trasladado ao centro de saúde do Forte, onde permanecerá durante o mes de decembro.

Paralelamente, a biblioteca municipal de Boqueixón contará durante o mes de novembro cun punto de lectura, no que pon a disposición dos veciños e veciñas unha serie de publicacións sobre conduta suicida e benestar emocional.

Post navigation

Previous: Talentia Summit 2024, emprego e formación
Next: 3 novos eólicos paralizados en Terra de Montes

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.