Ordes, 17 de novembro do 2020 – O BNG de Ordes cualifican de “trapalleira” a xestión realizada polo equipo de goberno na construción da senda peonil do lugar de Buscás.
As principais queixas dos nacionalistas teñen que ver coa presencia de postes de tendido, eléctrico e telefónico, en medio da senda e coa dispoñibilidade dos terreos de Buscás.
O portavoz do BNG de Ordes, Pablo Vidal, considera que “non é de recibo que a día de hoxe sigan facéndose en Ordes sendas peonís sen retirar do seu trazado os postes de electricidade ou teléfono”.
Falta de documentación
Hai outra circunstancia incluso máis preocupante para o BNG. No pleno ordinario de outubro, en resposta a unha pregunta do Bloque, o alcalde, José Luís Martínez, o alcalde recoñecía que non existe documento acreditativo da cesión dos terreos precisos para a construción da senda, referíndose unicamente a un acordo verbal. Para Vidal isto supón “unha xestión do alcalde trapalleira e mesmo de dubidosa legalidade”.
O BNG ordense instar ao alcalde a que “rectifique e faga as actas de cesión dos terreos, debidamente asinadas polas persoas propietarias dos mesmos, ademais de retirar os postes que invaden o trazado da senda peonil”.
