займ срочно

Propoñen que Ordes cre unha cooperativa pública téxtil de roupa sanitaria

0

Ordes, 17 de abril do 2020 – O BNG de Ordes ven de incluír entre distintas propostas de reactivación económica que se cre unha cooperativa pública téxtil de roupa sanitaria.

Ordes foi no século pasado un importante produtor dentro do sector téxtil que foi morrendo pola deslocalización e as sucesivas crises. No 2014 unha iniciativa buscaba a revitalización do sector co apoio do IGAPE pero nunca chegou a bo porto. Xa no 2018 a Xunta impulsou o proxecto Galitex para reinsertar aos traballadores do sector textil, proxecto aínda vixente e cun 45% de participantes empregados. A cooperativa pública proposta polo BNG volvería a apostar polo téxtil pero centrada no eido sanitario.

Os nacionalistas propoñen que se centre na fabricación de material e roupa sanitaria o cal “contribuiría ao autoabastecemento deste tipo de produtos e á recuperación económica dunha vila que leva soportado moitos impactos nos últimos anos, servindo incluso como transición da economía do carbón cara outros sectores tralo peche da Central Térmica de Meirama”.

Outras propostas

Non é a única petición nacionalista para saír da crise. Ademais da redución do período de pagamento a provedores ou que se reactive o PXOM, apostan por unha partida de 600.000 euros pata investimento. Explican que se trata de evitar  “recorrer unicamente ao cemento, se non que recollendo tamén á cultura, ao comercio e á hostalería local, mesmo creando sinerxias e promocións entre os sectores”. Consideran que esta cantidade pode financiarse con cargo “á partida asignada a gasto corrente do Plan Único da Deputación da Coruña, ao aforro xerado nos plenos non celebrados e aos fondos non gastados na festa do champiñón”.

Finalmente os nacionalistas tamén instan á Xunta de Galiza a promover axudas para implantación do comercio por internet, “para achegar o tecido comercial ás novas tecnoloxías, o cal minimizaría a parálise nunha época como a que estamos a vivir”.

Pablo Vidal, portavoz do BNG de Ordes, expón que “agardan que o goberno municipal mude a súa postura, atendendo as propostas e mantendo contacto cos grupos da oposición, como si acontece noutros concellos e non está a pasar en Ordes, xa que desta crise unicamente sairemos con colaboración, debate, responsabilidade e humildade”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies