Bisbarra, 21 de outubro do 2022 – O BNG de Ordes denuncia as actuación realizadas polo goberno municipal nun tramo do Camiño Inglés as que cualifica de “agresión”.
Trátase dunha actuación na zona coñecida como “Os Carrás”. Os nacionalistas explican que o uso de formigón para colocar uns pelouros é un ataque a imaxe do Camiño.
Pablo Vidal, portavoz municipal do BNG, considera que “estamos a falar dunha actuación innecesaria nun dos poucos tramos nos que se conserva a corredoira cos seus valos e arborado autóctono”. Na súa opinión “este estado virxe é onde precisamente radica a beleza do tramo”.
Vidal non dubida en considerar a actuación como ”unha agresión sobre o Camiño Inglés”, e lamenta que “unicamente servirá para que a veciñanza perda concienciación sobre o respecto ao trazado do Camiño de Santiago, dado que ollando este tipo de actuacións, dificilmente vai entender as limitacións que lle impón o mesmo sobre as súas propiedades”.
O BNG anuncia que preguntará no pleno municipal sobre as citadas obras.