Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ordes
  • Xeral

Adxudícase a reforma do centro de saúde de Ordes

A reforma do centro de saúde de Ordes, que saía a licitación no mes de decembro pasado, ven de adxudicarse por un importe de 402.700 euros.
centro saude ordes slide 19 agosto 2017_r

Bisbarra. 22 de marzo do 2023 – A reforma do centro de saúde de Ordes, que saía a licitación no mes de decembro pasado, ven de adxudicarse por un importe de 402.700 euros.

Centro de saúde de Ordes

A obra no centro de saúde vai máis alá dunha reforma xa que ampliará os servizos que ofrece na actualidade. Unha das melloras será a construción de cinco novas consultas, destinadas a saúde mental, grazas a cubrición da cuberta en terraza do PAC.

A obra permitirá crear espazos destinados a traballo social, dúas de psiquiatría, unha de enfermería e outra para psicoloxía. A zona contará ademais con novos aseos adaptados. Os materiais que se usarán na obra serán os mesmos que na actualidade polo que exteriormente mantense a imaxe do edificio. Interiormente os fluxos de circulación actuais conectaranse coa nova zona.

Esta ampliación súmase a recente reparación das fiestras, deteriorado a causa da corrosión. Ademais xa está previsto substituír o alumeado por LED e modificar a instalación eléctrica para instalar un grupo electróxeno que de servizo a distintas áreas en caso de necesidade.

 O investimento forma parte dos fondos destinados ao Plan de Saúde Mental de Galicia aprobado pola Xunta para o período 2020-2024. Unha partida orzamentaria de 83 millóns de euros que prevé a incorporación de 241 novos profesionais, dos que están xa contratados 125.

Post navigation

Previous: Frades convoca as axudas para transporte e material escolar
Next: Compostela acolle un ano máis o ciclo De Lugares e Órganos

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.