Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ordes

Ordes acolle unha mesa redonda sobre a revolución portuguesa organizada polo colectivo Inquedanzas

inquendanza-ordes-revolucion-portuguesa-slide-22-abril-2019_r

Table of Contents

Toggle
  • Ordes, 22 de abril do 2019 –  A Asociación Cultural Inquedanzas (Ordes) organiza o vindeiro sábado 27 de abril unha mesa redonda sobre a Revolución dos Caraveis portuguesa e a súa influencia na transición española.
    • Poñentes

Ordes, 22 de abril do 2019 –  A Asociación Cultural Inquedanzas (Ordes) organiza o vindeiro sábado 27 de abril unha mesa redonda sobre a Revolución dos Caraveis portuguesa e a súa influencia na transición española.

A charla que leva por título “O 25 de abril e a revolución portuguesa” terá lugar ás 20:30 horas no Museo do Traxe Juanjo Liñares de Ordes, con entrada é libre e de balde, ata completar aforo. Os relatores serán o almirante Martíns Guerreiro e o coronel Xosé Fortes, actuando como moderador Antonio Campos Romay, ex deputado no Parlamento de Galicia e ex tenente de alcalde da Coruña.

O almirante Martíns Guerreiro analizará as motivacións do golpe de estado que acabou coa ditadura salazarista en Portugal. Así mesmo, recordará as distintas fases da revolución entre o 25 de abril e o 25 de novembro que remataron coa conquista das “3 Des”: democratizar, descolonizar e desenvolver.

Pola súa banda, o coronel Xosé Fortes disertará sobre “A influencia da Revolución portuguesa na transición española”. Como membro fundador da Unión Militar Democrática (UMD), Fortes explicará as influencias que esta organización militar clandestina española tivo do Movemento das Forzas Armadas (MFA) en Portugal. O poñente lembrará as detencións do verán de 1975 e o Consello de Guerra á cabeza da UMD, así como o seu papel para democratizar as Forzas Armadas e derrocar á ditadura.

Poñentes

Manuel Martíns Guerreiro naceu en 1940 nun pobo do Algarbe (Sâo Brás de Alportel) e cursou o bacharelato en Faro. Aos 18 anos ingresou na Academia Naval, sendo o número un da súa promoción. Tomou parte activa na preparación e execución da chamada Revolución dos Caraveis, que acabaría coa ditadura salazarista en Portugal.

Tamén tomou parte no proceso revolucionario como membro do Consello da Revoluçâo, do que foi integrante dende a súa constitución ata a súa disolución. Defensor activo dos dereitos humanos e a xustiza social foi, segundo os seus compañeiros, un revolucionario antes da Revolución.

Xosé Fortes Bouzán naceu en Cotobade (Pontevedra), cidade na que estudaría o bacharelato. Cursou estudos militares nas Academias de Zaragoza e Toledo e licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago. Membro fundador da UMD, en xullo de 1975 foi detido, procesado, condenado a catro anos de prisión e expulsado del Exército. Sería amnistiado en 1976, reincorporándose ás Forzas Armadas co grado de Coronel, pasando á Reserva.

Autor dun amplo catálogo bibliográfico, entre as súas obras militares destacan: ¿Qué son las Fuerzas Armadas?, La Gaya Ciencia 1977; Proceso a nueve militares demócratas: Las Fuerzas Armadas y la UMD, Argos Vergara 1986, e un relato autobiográfico Cuando las derrotas otorgan la victoria: Batallas perdidas de un capitán de la UMD, Destino 2009. Entre as súas múltiples obras de carácter histórico merecen resaltarse: La Ría de Pontevedra, Terra de Cotobade, Pontevedra: Burgo, Villa, Capital  e Historia de la ciudad de Pontevedra, editada pola Biblioteca Galega de La Voz de Galicia.

Post navigation

Previous: Alertan sobre a ameaza de destrución de probas relacionadas coa imputación do Director Xeral de Minas
Next: Lalín e Adeixa organizan o Star Dance Galicia 2019

Máis novas

UNha das troitas mortas no río Cabró en Ordes
1 minute read
  • Xeral

Troitas mortas no río Cabrón en Ordes

Estrada N-550 ao seu paso por Ordes
4 minutes read
  • Xeral

Ordes e as rotondas motivo de enfrontamento político

Cartel que anuncia o acto de homenaxe a Manuel Viqueira o gaiteiro de Vilaverde
2 minutes read
  • Axenda

O Gaiteiro de Vilaverde terá unha estatua en Ordes

Imaxe das obras de demolición en Ordes
2 minutes read
  • Xeral

Denuncian a inseguridade dunhas obras de demolición do concello de Ordes

O socialista Aitor Bouza levou ao Parlamento a situación do centro de saúde de Ordes
2 minutes read
  • Xeral

Seguen as queixas polas deficiencias en centros de saúde

deputacion plan unico ordes 6 marzo 2026
4 minutes read
  • Ordes

A Deputación reclama máis investimento da Xunta na comarca

deputacion apoio ordes 12 febreiro 2026
2 minutes read
  • Ordes

Apoio da Deputación ás empresas e autónomos de Ordes

MANCOMUNIDADE ORDES VIOLENCIA DE XENERO 10 FEBREIRO 2026
2 minutes read
  • Ordes

Loita contra a violencia de xénero na Mancomunidade de Ordes

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.