займ срочно

A ONU debaterá os problemas das minas de San Finx en Lousame

0

Bisbarra, 2 de marzo do 2023 – O vindeiro 22 de marzo a ONU celebrará unha sesión do Comité de Cumprimento da Convención de Aarhus na que debaterá os problemas da mina de San Finx en Lousame.

A Confradía de Pescadores de Noia e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, PDRA, defenden a tese de que o feito de que o proxecto non se sometera nunca avaliación medioambiental impediu a participación pública no proceso, o que supón unha violación da Convención de Aarhus, asinada por España en 1998.

Esta Convención internacional consagra o dereito de participación pública e acceso á información e á xustiza en materia de medio ambiente. Confradía e Plataforma remitiron xa un escrito á ONU explicando esta situación de cara á reunión da ONU en Suíza o vindeiro 22 de marzo.

Máis información sobre San Finx premendo en este enlace

Xunto ao escrito achegaron tamén o informe do hidrólogo Steven Emerman, que demostra como a autorización de vertidos que ven de outorgarlle a Xunta á mina carece de rigor e pon en risco á ría. Na sesión falarase ademais da mina de San Finx, da de Varilongo en Santa Comba, amabas as dúas propiedade da empresa australiana Pivotal Metals.

Oposición á prórroga pedida pola Xunta

Por outra parte a Confraría e a PDRA rexeitan a pretensión da Xunta de Galicia de pospoñer a sesión ata o mes de xuño. A Xunta alegou, a través da Subdirección Xeral de Relacións Internacionais do Ministerio para a Transición Ecolóxica, que non ten tempo para preparar a sesión.

Lembran que o caso leva aberto desde o ano 2017 e que tanto os comunicantes como a propia Xunta xa remitiron os seus escritos de conclusións en 2019. Para a Confradía de Pescadores de Noia a tentativa da Xunta de impedir que a ONU poida emitir agora un ditame sobre os incumprimentos en San Finx, só ten o obxectivo de gañar tempo.

Engaden que o que se pretende desde a administración autonómica é privar ás entidades, que mostraron a súa oposición á autorización de vertidos, da posibilidade de incorporar o pronunciamento da ONU ás demandas xudiciais que se irán iniciar a raíz dese permiso.

A PDRA, que xa solicitara en 2019 a condición de observador no procedemento que se desenvolve no Comité Aarhus da ONU, ten previsto intervir na sesión que se celebrará no Palacio das Nacións o 22 de marzo.

Espérase que a ONU emita un ditame onde quede patente que foi vulnerada a Convención de Aarhus e se obrigue ao Estado a someter á mina de San Finx a unha avaliación de impacto ambiental no que se consideren todos os seus potenciais impactos, incluíndo á ría de Muros e Noia e os seus bancos de marisqueo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies