Compostela, 18 de agosto do 2017 – Venres e tempo para sesión vermú con The Neighbour ademais dos dous concertos na noite do Feito a Man.

Pouco a pouco van pasando os setenta e oito concertos e outras tantas bandas e artistas da decimocuarta edición do Feito a Man, a máis longa da súa historia.
Hoxe a cita comeza as 13.30 na rúa das Orfas con The Neighbours.
En The Neighbours (latin-soul) atoparás os altibaixos do día a día: o amor, o desamor, o sarcasmo, a alegría… en definitiva ese formigueo que todos levamos dentro e que che fará vibrar con cada compás. Eles son: Berta Aurora – Voz; Miguel Iglesias – Guitarra e voz; Willie Botello – Percusión; e Hadri Rei – Baixo.
Xa pola tarde o jazz e a música electrónica comezan as oito na Praza de Abastos con Haema.

Haema nace en 2013, no cruzamento de varios uninversos musicais, como laboratorio de experiencias sonoras. Mestura de electrónica, dream pop e glitch, procura sempre o lado orgánico na creación ou redescoberta musical, moitas veces coa utilización de gravacións sonoras capturadas en ambientes reais, onde os músicos e ouvintes partillan memorias auditivas conxuntas. Os temas orixinais, son escritos en Portugués adocicado. Son: Diana Cangueiro: teclados, electrónica; e Susana Nunes: voz, sahi, electrónica.
O día remata a partir das dez con Oh Ayatollah e Tras Salomé.

Oh Ayatollah é unha das novas promesas do pop en galego. Teñen publicado o single ‘Nunca Máis’, no que contan coa colaboración do Hevi, unha das referenzas do hiphop galaico.