Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Obradoiro de produción musical e laboratorio sonoro na Escola de Música de Compostela

Imaxe dun curso de produción como o que se dará na Escola de Música de Santiago

Compostela, 27/05/2026 – A Escola Municipal de Música (EMM) xunto co Departamento de Educación do Concello de Santiago ofrece dúas propostas formativas e lúdicas para o mes de xullo: un laboratorio sonoro de verán para nenas e nenos e un obradoiro de produción musical para xente moza.

O prazo de inscrición para a programación estival está aberto ata o vindeiro 2 de xuño. O laboratorio sonoro de verán é unha actividade lúdico-educativa orientada a complementar a formación ofrecida dende a Escola Municipal de Musica e dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Traballarán os distintos aspectos artísticos da creación musical enfocados a crear a posta en escena dunha representación final. O laboratorio desenvolverase no CEIP Santiago Apóstolo en dúas quendas: do 1 ao 15 e do 16 ao 31 de xullo, de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas, con posibilidade de adiantar unha hora a entrada e atrasar unha hora a saída para facilitar a conciliación.

O obradoiro de produción musical está dirixido a persoas de 16 a 30 anos, que aprenderán a crear os elementos instrumentais necesarios para unha produción musical por ordenador, ademais de nocións básicas de edición e procesamento de audio e instrumentos.

Esta formación será impartida polo compositor e produtor musical Adrián Vidal e desenvolverase no auditorio do Centro Xove da Almáciga con oito horas de duración, o 16 e o 17 de xullo de 10.00 a 14.00 horas.

O obradoiro de produción musical conta con 15 prazas, mentres que o laboratorio sonoro ofrece 90 prazas, 45 por quenda. O procedemento de solicitude de participación na programación de verán da Escola Municipal de Música está publicado na web do Concello de Santiago.

Post navigation

Previous: Compostela sanciona a EULEN `pola “espantada” dos CSC
Next: Deputación e Fundación RIA conectan cultura, deseño e territorio

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.