Lume e pedra despidense hoxe despois de 3 días de convivir na compostelana praza da Quinta no I Obradoiro de Forxa da Capital.
Durante 3 días turistas e veciños puideron entrar no traballo diario da profesión de ferreiro, coñeceron de cerca como é estar cada día traballando cunha ferramenta tan etérea como o lume e domar o ferro con ela.
A forxa segue a estar viva como o demostran os 20 artistas de toda España que estes días pódense ver na Quintana. Traballadores dedicados a sectores como o da arquitectura, a escultura ou a restauración. E xunto aos profesionais alumnos de escolas de artes e oficios que serán os encargados de manter vivo un traballo necesario tanto por ser unha arte en si mesmo como pola necesidade de coidar e restaurar o patrimonio.
Ao longo de estes tres días deseñouse unha escultura que, unha vez rematada hoxe domingo, será colocada no Parque Eugenio Granell, na nova senda que discorre cara as pontes de Conxo. Unha escultura que levará por nome Ríos de ferro.
A noite de onte sábado foi un dos momentos máis especiais do evento. As dez e media comezaba a música tradicional mentres pouco a pouco acendíanse as 15 forxas e un enorme fol comezaba a insuflar aire nunha delas. A Quintana comezou a encherse dos sons dos martelos contra os yunques que coincidían as veces co tambor e as gaitas. Os ferreiros golpeaban o ferro unha e outra vez traballado sós, en parellas ou incluso de cinco e cinco para domar as pezas máis complexas. Outros ían soldando e limando as pezas da escultura xa montada, rematando o que será o mellor recordo de está edición. Toda unha sinfonía de lume e ferro sobre a pedra da vella Quintana.
[ngg_images source=”galleries” container_ids=”26″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_slideshow” gallery_width=”800″ gallery_height=”600″ cycle_effect=”fade” cycle_interval=”3″ show_thumbnail_link=”0″ thumbnail_link_text=”[Show thumbnails]” slug=”forxa” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]
Un encontro único que deixa moi bo sabor, unha proposta que recupera tradición e que pide xa, aínda non rematada esta, unha segunda edición