Ames, 12 de decembro do 2024 – A medida que pasan os anos os obituarios en Lindeiros crecen; é “lei de vida”, unha frase moi galega que agora aplicamos a Maximino Viaño, outro dos persoeiros que formaron parte dunha serie no Lindeiros en papel na que os maiores eran os protagonistas.

Desde que no 2015 entrevistamos a Maximino Viaño seguimos as súas andanzas no concello de Ames, o seu lugar de nacemento e de referencia, do que acabou sendo cronista oficial. Lens e Tapia son os dous campamentos base dunha vida chea de iniciativa e traballo.
Feiraco ou Tenreira Galega, marcas das que foi fundador e impulsor, non eran máis cunha demostración do seu amor por Galicia. Un amor que era recoñecido no 2017 desde o seu propio concello cunha homenaxe pública da que demos conta.
Maximino Viaño era ademais un home que se mantiña “o día”, demostración diso era as súas constantes publicacións en Facebook. Esta rede social converteuse nun lugar no que contaba a memoria do concello, a súa propia en definitiva. Estas historias acabaron dando lugar a un libro que presentou no 2019 e que é garda a esencia dun tempo, recomendable para ler hoxe e dentro de cen anos.
Despedimos a Maximino Viaño porque como dicíamos ao principio é “Lei de vida” pero vaise un valor seguro á hora de preservar a memoria de Ames e de Galicia. Votaremos de menos as súas visións desde a aldea, sobre todo nun momento no que as miradas amplas e boas fan tanta falta.
D.E.P.
