займ срочно

O XIX Maruxa Villanueva de Interpretación Teatral recae en Rocío González Lorenzo

0

Padrón, 13 de abril do 2021 –  O Concello de Padrón outorga á actriz Rocío González Lorenzo o XIX premio de interpretación teatral Maruxa Villanueva correspondente ao ano 2020.

O xurado do Maruxa villanueva acordou por unanimidade recoñecer a traxectoria desta actriz, da que especialmente valoraron a súa capacidade de crear “un personaxe complexo dende a contención no plano expresivo do personaxe  Ada en Liberto”.

O xurado tamén quixo destacar o compromiso da interprete na valoración dun modelo para o galego oral, así como a súa capacidade para implicarse en proxectos moi diferentes.

O xurado reuniuse para tomar esta decisión no Centro Social do Concello de Padrón. O Maruxa Villanueva foi decidido por Lorena Couso, concelleira de Cultura do Concello de Padrón –quen exerceu de presidenta; Inma López Silva, escritora e profesora da escola superior de arte dramática de Galicia; Carlos Caetano Biscainho Fernández, actor e profesor da Universidade da Coruña; Alfonso Becerra Arrojo, dramaturgo, profesor da escola superior de arte dramática de Galicia, membro do consello asesor do centro dramático galego e membro do consello de redacción de revistas galegas de teatro; Roberto Pascual Rodríguez, profesor da escola superior de arte dramática de Galicia e director da MIT de Ribadavia; Comba Campoi García, actriz, doutora universitaria e especialista en teatro de obxectos; e como secretaria María Cruz Taboada Álvarez, animadora social do Concello de Padrón.

O equipo realizou unha minuciosa observación de distintos candidatos e candidatas propostas por cada un dos membros do xurado, segundo as bases da convocatoria, para finalmente votar por unanimidade unha finalista.

A concelleira de Cultura, Lorena Couso, subliñou “o relevante de volver entregar estes premios e de apoiar ao teatro e cultura galega que nos regalan tantas emocións, sentimentos e reflexións. Nestes tempos complicados pola pandemia da Covid-19 é imprescindible seguir destacando o traballo dos artistas”.

Pola súa banda, Rocío González Lorenzo, amosou a súa ledicia por ser elixida para recibir este premio. “Estou realmente moi contenta por recibir un premio tan importante, que previamente recibiron persoas as que admiro enormemente pola súa excepcional traxectoria. Nunca o tería esperado, é unha verdadeira honra para min”, sinalou a actriz galardoada. 

O galardón será entregado no mes de outubro nun acto no Auditorio Municipal, coincidindo coa inauguración do programa Outono Cultural.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies