Actualización 10.30: O reitor Antonio López ven de dar unha rolda de prensa na que fixo un relatorio do sucedido ata o momento do desaloxo.
Lembrou que no Consello de Goberno aprobouse a creación dunha comisión para tomar accións máis concretas de apoio á Universidade e os estudantes de Palestina.
Tamén a través de esa comisión convidouse aos membros da Asamblea a reanudar as conversas sobre que medidas se poden tomar.
Actualización 7:00 – Os estudantes foron desaloxados do reitorado ás seis da mañá. A maioría sentaron no Obradoiro mentres a policía mantén algúns efectivos diante do Pazo de San Xerome para evitar que entren de novo.
Compostela, 12 de xuño do 2024 – Moitas veces escoitase aos máis maiores dicir que á xuventude xa non lle interesa nada, pero ante o xenocidio en Palestina o estudantado da USC, e de moitos máis lugares, recuperou a rebeldía.

Despois da acampada na facultade de historia, que continúa, pecháronse no Pazo de San Xerome, sede do reitorado da USC, cun feixe de reivindicacións. Piden que cese o que definen como “complicidade” e que se rompan as relacións con empresas como Amazon, Siemens ou Banco Santander.
Onte martes os estudantes respondían desde a reitoría ás preguntas dos xornalistas. A primeira os motivos que os levaron a este peche cando o Consello de Goberno da USC viña de aprobar unha declaración en contra do conflito en Gaza e en apoio a Palestina.
Romper relacións con entidades de distintos ámbitos cos que se están desenvolvendo proxectos de moitos tipos pode xerar moitos tipos de problemas, danos colaterais. Os estudantes lembran que non se trata dunha rotura inmediata, que piden que sexa paulatina e que se habiliten medios de transparencia das relacións con estas entidades.
Unha das peticións por parte do reitor, Antonio López, era que a xente coa que se falaa non tivera a cara tapada. As dúas estudantes que respondían aos xornalistas explicaban de este xeito que foran ás únicas que a tiñan descuberta. A continuación contaban que pese a iste xesto o reitor tampouco falou con eles polo que a súa postura é continuar ata conseguilo.
O peche impide o traballo normal na reitoría. Os estudantes lembran que na facultade de historia non se interrompeu o fluxo da actividade pero que aínda así non se falou con eles. Este novo peche vai un paso máis alá xa que os estudantes entenden que é o único xeito de ser escoitados.

Os estudantes reclaman da USC o cumprimento de 16 puntos que, en calquera caso, se mostran dispostos a negociar. Un dos principais e a rotura de relacións con institucións israelís no que piden que a universidade “3. Poña fin a calquera fórmula de colaboración con todas as universidades, institucións académicas e centros de ensino asociados públicos ou privados israelís polas súas demostradas prácticas de apartheid e de apoio ao xenocidio e ás estratexias israelís de expansión, colonización, anexión, expolio de recursos e modificación da composición Demográfica”.
Nas reclamacións están tamén a constitución dunha mesa de traballo, un progresivo plan de desinvestimentos e suspensión de acordos comerciais, ou o recoñecemento dos dereitos palestinos máis alá da legalidade internacional. Podedes descargar o documento completo aquí.
Nun comunicado sobre o peche os estudantes reclaman o seu papel como interlocutores e o seu dereito á protesta. Consideran que “non hai nada máis violento que seguir a financiar activamente a unha serie de empresas vinculadas ao xenocidio”. Tedes tamén o comunicado completo aquí.
O certo é que a Universidade funciona como un ecosistema moi complexo no que si se altera unha parte o resto o notan. Ao mesmo tempo o xenocidio en Gaza é unha realidade e non parece que as presións internacionais sirvan de algo. Pode que se todas as institucións á marxe dos gobernos cortarán relacións con Israel servira de fórmula de presión. Pódese pensar que que o faga só a USC non servirá de moito pero non é menos certo que por algún lado terase que comezar. O lector, coma sempre, decide.