займ срочно

O traballo da USC esperta o interés dunha spin-off da Universidade de Oxford

0

Compostela, 1 de xuño do 2021 – O sistema de corrección lingüística Avalingua, desenvolvido na USC, ven de ser adquirido pola empresa británica ProWritingAid.

Esta compañía é unha spin-off xurdida da Universidade de Oxford. Na actualidade comercializa un potente corrector gramatical e editor de estilo para inglés e viu en Avalingua unha oportunidade para abrirse paso no mercado hispano falante

Avalingua é un sistema de corrección e avaliación automática da calidade lingüística dos textos. O software emprega técnicas de procesamento da linguaxe natural baseadas en Intelixencia Arficial para detectar e clasificar erros e desviacións a diferentes niveis lingüísticos: ortográfico, léxico, morfolóxico, sintáctico e de estilo. O sistema foi desenvolvido na USC, por un equipo de expertos no deseño e implementación de tecnoloxías lingüísticas, formado polos investigadores Isaac González, Paulo Gamallo, Marcos García e Daniel Bardanca.

Avalingua naceu hai case unha década, co desenvolvemento dun prototipo para o galego creado no seo da antiga spin-off do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS) Cilenis, recoñecida en 2014 coa ‘Honorable Mention’ na final do Building Global Innovators, unha iniciativa do centro de investigación estadounidense Massachusetts Institute of Technology (MIT) destinada a promocionar proxectos innovadores.

O licenciamento definitivo á startup do Reino Unido aprobouse finalmente en Consello de Goberno da USC o 25 de febreiro de 2021, establecendo regalías do 7% para a universidade sobre os produtos que se deriven do software e negando a posibilidade do uso exclusivo de Avalingua por parte de ProWritingAid.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies