займ срочно

O Son do Camiño pon hoxe as últimas entradas a venda

0

Compostela, 9 de marzo do 2022 – Volve o Son do Camiño ao Monte do Gozo despois dunha edición “Perseidas” que tentou compensar o parón provocado pola pandemia.

Hoxe mércores saen a venda as últimas entradas dispoñibles cando aínda quedan por confirmar artistas. A hora prevista son as doce e media do mediodía e no seguinte enlace tes toda a información.

As entradas só se poden mercar no propio portal do Son do Camiño. Cada comprador ten dispoñibles seis entradas e só se piden os datos da persoa que fai a compra. Tamén recomendan usar un só navegador e non refrescar a páxina para non abandonar a cola virtual.

Unha edición con máis espazo

O Son do Camiño 2022 celebrase de novo no Monte do Gozo pero en esta ocasión hai máis espazo grazas as ampliacións realizadas no recinto que o aumentan nun vinte por cento. O festival incorpora ademais un terceiro escenario.

Existirá un plan de transporte e un de restauración. A zona de descanso estará habilitada este ano para catro mil persoas. A cita será o vindeiro mes de xuño, do 16 ao 18.

Artistas

A terceira edición do Son do Camiño contará con máis de corenta artistas internacionais. Destacan Liam Gallagher, The Chemical Brothers ou Jason Derulo. Os nacionais Dani Martín, C Tangana ou Rigoberta Bandini.

Os artistas galegos ocupan o corenta por cento do cartaz aínda que moitos deles non cantan en galego como é o caso de Triángulo de Amor Bizarro, The Killer Barbies ou Sen Senra.

Sostenibilidade e igualdade

O Son do Camiño 2022 amplía o manual para os traballadores de cara a conseguir un festival máis sostible. O uso de provedores galegos é tamén unha das prioridades.

O Son fomentará o uso do transporte público, terá recollida selectiva de residuos e xeradores enerxéticos e iluminación máis eficiente. Os baños levarán certificado medio ambiental.

O Monte do Gozo terá un punto violeta de prevención da violencia sexista e os traballadores terán formación específica en igualdade. O Festival terá ademais un plan de accesibilidade para os colectivos que o necesiten.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies