займ срочно

‘O Silencio de Deus’ na Igrexa da Universidade

0

Compostela, 7 de abril do 2022 – Xosé Luís Otero presenta na Igrexa da Universidade a mostra ‘O Silencio de Deus’ a camiño entre a instalación e a exposición máis clásica.

Otero explica que “Os meus procesos creativos e vitais están unidos, sempre nunha investigación constante de técnicas e medios”. Na proposta ‘O Silencio de Deus’ o artista tenta enlazar arquitectura e espiritualidade.

A través de seis instalacións, Otero aborda un estado de desasosego ante as divisións inexplicables que forman o tecido da realidade humana. Os materiais empregados polo artista e o seu proceso creativo, “testemuñan a frívola teima dos humanos por construír e reconstruír, organizar e reorganizar, mostrando o carácter efémero da existencia humana, a soidade pura e o Silencio de Deus”, tal e como explican dende o comisariado da mostra que corre a cargo de Elena Bangueses. 

“Todas as cargas emocionais, os recordos, os obxectos recollidos na contorna, os procesos vividos, as palabras, a música e as imaxes percibidas, configuran a miña obra, a través de fases sucesivas e manifestándose mediante a pintura, instalacións, vídeo, fotografía, gravado e poesía”, explica Xosé Luís Otero. A exposición pode visitarse os xoves e venres de 11.00 a 14.00 horas e de martes a sábado de 17.00 a 20.30 horas na Igrexa da Universidade (Praza de Mazarelos, 2) e a partir do mércores 6 de abril. 

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies