Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Arzúa
  • Axenda

Os segredos do eclipse solar este sábado en Arzúa

Unha charla e un obradoiro mostrarán as particularidades do eclipse en Arzúa

Charla sobre o eclipse de agosto, este sábado en Arzúa

Arzúa . 1/07/2026 – A Concellería de Turismo de Arzúa, dirixida por Begoña Balado, organiza o sábado 4 de xullo a charla “A eclipse das nosas vidas” e un obradoiro práctico sobre o fenómeno astronómico. Unhas actividades abertas ao público de cara á cita do 12 de agosto.

A xornada estará guiada por Dosi Veiga, licenciado en Física, responsable de AstroGalicia e do proxecto Ceos Galegos e coautor, xunto a Jorge Mira, do documento do Consello da Cultura Galega “Esperando a eclipse total de sol. Recomendacións para as administracións públicas e a cidadanía”.

Programa da xornada

As actividades desenvolveranse na antiga Casa de Correos de Arzúa. A charla “A eclipse das nosas vidas” dará comezo ás 12.00 horas e permitirá aos asistentes descubrir que fai tan especial esta eclipse, que poderá verse ao longo do fenómeno e por que se trata dun evento único que non volverá repetirse en centos de anos.

A continuación, ás 13.00 horas, celebrarase un obradoiro práctico no que os participantes aprenderán a construír unha cámara escura para observar a eclipse con seguridade, coñecerán o uso correcto dos filtros solares, descubrirán diferentes sistemas para proxectar a imaxe do sol e recibirán orientación para organizar pequenas observacións públicas.

Arzúa, punto estratéxico para a observación da eclipse

A concelleira de Turismo, Begoña Balado, anima á veciñanza e ás persoas visitantes a participar nesta iniciativa porque “a eclipse solar do 12 de agosto representa unha oportunidade única e queremos que Arzúa estea preparada para vivila nas mellores condicións. O noso concello será un punto comarcal estratéxico para a observación deste fenómeno, polo que é importante ofrecer á cidadanía ferramentas para desfrutalo con seguridade”.

A actividade é gratuíta, pero require inscrición previa a través do correo electrónico info@turismoarzua.gal, xa que as prazas son limitadas.

Post navigation

Previous: Ricardo García e Cristina García defenden a sustentabilidade no Reino Unido
Next: Teo pon en marcha unha nova campaña informativa sobre a fracción orgánica

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.