Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

O sector dos taxis outro dos máis afectados pola pandemia

O sector dos taxis é tamén outro dos sectores máis afectados e con eles reuniuse o voceiro popular de Santiago, Borja verea.
pp-santiago-reunion-taxis-slide-8-marzo-2021_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 8 de marzo do 2021 – O sector dos taxis é tamén outro dos sectores máis afectados e con eles reuniuse o voceiro popular de Santiago, Borja verea.
  • Critica as decisións municipais

Compostela, 8 de marzo do 2021 – O sector dos taxis é tamén outro dos sectores máis afectados e con eles reuniuse o voceiro popular de Santiago, Borja verea.

Verea mantivo un encontro de traballo con Jesús García e Jesús Pena, presidentes da asociación Radio Taxi Compostela e da asociación TeleTaxi Compostela respectivamente.

No encontro analizouse a complicada situación pola que están a pasar os 145 taxis da cidade e dos que dependen moitas familias. A importante redución da actividade como consecuencia das restricións sanitarias reduciron os ingresos ata facelos practicamente desaparecer. A ausencia de turistas e os peches perimetráis so as dúas principais causas da situación.

Borja Verea destacou que “o taxi é un servizo básico e esencial” e polo tanto “ ten que ter o compromiso e apoio de todas as administracións” e “aínda máis nunha cidade como a nosa cunha dependencia tan alta dos turistas e dos veciños doutros municipios”.

Engadiu que tanto a administración estatal como a autónomica “teñen que poñer todos os seus esforzos en facilitar o acceso as axudas” e “botou en falta unha maior sensibilidade por parte de concello de Santiago para estar ao lado dos taxistas composteláns” os cales rematou “non están recibindo ningún tipo de axuda do concello cando a súa situación é igual de dramática á doutros sectores”.

Critica as decisións municipais

As asociacións tamén denunciaron as últimas decisións municipais que están a dificultar aínda máis o traballo dos taxis. Puxeron como exemplo as fallidas peatonalizacións no Ensanche ou a falta de marquesiñas no entorno da nova Estación de Autobuses e pediron máis diálogo.

Neste senso Borja Verea concluíu que “se alguén coñece os problemas de mobilidade da cidade son os taxistas e  deberíase contar con eles en todos os cambios que afecten ao tráfico, escoitándoos e protexendo a súa actividade”.

Post navigation

Previous: 4 mulleres no podcast de Lindeiros.gal
Next: Toda a contorna coa Muller

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

centro-saude-ordes-slide-19-agosto-2017_r
4 minutes read
  • Compostela

Reclaman a recuperación do servizo de tarde no centro de saúde de Ordes

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.