Bisbarra, 10 de decembro do 2018 – Sorte distinta para os equipos de futsal na segunda nacional; o Santiago arrasaba ao Colo Colo mentres que o Noia caía ante o lider da categoría, o Burela.
Goleada do Santiago Futsal ante Colo Colo Zaragoza
Mal fin de semana para os maños nas súas relacións deportivas con Santiago. Si o Monbus Obradoiro gañaba por primeira vez na pista do Zaragoza o Santiago Futsal aplastaba na mesma cidade ao Colo Colo e conseguía saír dos postos de descenso directo.
Media ducia de goles obtivo de premio o Santiago nun partido que, aínda que non foi en xeral o mellor da tempada, si que foi dos máis efectivo para portería. O 2-1 ao descanso deixaba un partido totalmente aberto para o segundo acto, pero a escuadra compostelaba soubo aproveitar á perfección as poucas concesións do rival en tarefas defensivas para aumentar ese marcador ata o 6-1 final. Con esta vitoria os de Santi Valladares sitúanse con 13 puntos, fóra dos postos de descenso.
O partido púxose a favor dos locais aos catro minutos do comezo. Alberto atopou o oco nun saque de esquina e Lucas meteu o xusto o pé para anotar o 1-0. A medida que os de Santiago fóronse desfacendo da presión alta en saída de balón que os zaragozanos expuñan, comezaron a sucederse as ocasións de gol: Dani Branco recolleu un balón desde o centro da área ao que pegou de volea para enviar por liña de fondo e Lucas non logrou acertar no man a man ante Javi Rodríguez tras saída con balón desde o seu propio campo. No minuto 9 Dani Zurdo ampliou a diferenza. ‘ Zurdazo’ a media altura tras saque de banda para coar o esférico ao fondo da rede.
A pesar de atopar en Álex Pérez un muro para calquera das ocasións zaragozanas, Muniesa atopou recompensa nun balón que chegou ao segundo pau e que o pivote rematou para o 2-1 a falta de once segundos para o descanso. Aínda que o tentaron os visitantes en dúas ocasións ‘in extremis’ nun saque de banda e outro de esquina, o resultado ao descanso foi dun 2-1 favorable ao Santiago Futsal.
Colo Colo Zaragoza saltou á pista no segundo acto con maior soltura e a reacción ao 2-1 chegou en forma de dúas claras ocasións que xeraron inquietude na bancada local. Pero no minuto 25 anotou o canteirán Alberto e o partido rompeu por completo. Lucas anotou de penalti no ecuador do segundo acto, encarrilando o encontro para os seus. Só un minuto despois, Zequi materializou o quinto tras unha xogada colectiva pola esquerda que o gaditano coroou para o 5-1.
Os visitantes arriscaron con porteiro-xogador chegando a inquietar á zaga celeste con ocasións que liquidaba Álex Pérez e que, mesmo nunha ocasión, foi rexeitada pola madeira. Brian pechou o contador no minuto 34. O Santiago Futsal suma así unha importante vitoria e prepárase para recibir o vindeiro domingo ao filial do Pozo.
O Noia Portus Apostolo non puido co Burela
Despois do asubío inicial, xa nos primeiros minutos o Burela avisaba cun tiro de Vargas que se vai fóra. Sen tempo a penas para coller asento a todos os afeccionados que se achegaron ao Municipal chegaría o primeiro dos laranxas asinado por Renato, no minuto 2.
Tras este tanto, o Burela impoñería a lei do lider da categoría. Cunha defensa férrea os de Juanma Marrube impedían o xogo da escuadra branca que tiña dificultades para chegar á portería de Edu aínda que tiveron as súas ocasións.
Pope poñería o segundo no luminoso, despois dun saque de banda e cun tiro afastado que bateu a Carlos. Poñíanselle as cousas difíciles para os de Marlon Velasco, pero como de peores saíron, quedaba a esperanza da remontada. Sen baixar nin un instante os brazos, seguiron crendo e loitando cada balón, pero parecía que a sorte non estaba do seu lado. En 4 minutos fatídicos romperían o partido a favor dos da Mariña. No 14 chegaría o tanto de Juanfran que tras saída de presión nun man a man con Carlos, consegue e 3º para o seu equipo, no 15 Matarmoros poñería o cuarto e no 19’ Vargas faría os propio para subir o 5º ao electrónico. Pero entre estes, ata tres tiros desde os 10 metros, polas faltas acumulativas dos burelenses, fallaron os noieses. Christian, Sergio e Palmas foron os artífices dos devanditos tiros pero un acertado Edu interpúxose entre eles e o gol.
Será co último tanto laranxa, cando Juanma opta polo xogo de cinco nas que a penas puideron facer unha xogada e é que na recuperación do esférico por parte do equipo noiés, Juan Puertas saltaría a pista coa elástica noiesa pero sen resultado positivo para os intereses do seu equipo que se iría a vestiarios cun 5-0 no luminoso.
Tras o paso por vestiarios, daba comezo o segundo acto, abrindo o pano Juan Puertas cun tanto que acurtaba a enorme distancia do marcador; no minuto 21. Pero responderían os burelistas dous minutos despois cun tanto de R. Vargas, o segundo na súa conta persoal, nunha contra na que o xogador embestiría a portería de Carlos polo carril central e sen piedade batería ao cérbero noiés, subindo o sexto gol para os seus.
A ocasión máis clara para os noieses sería cun tiro de Christian Chao dunha falta no bordo da área, que parou Edu e que o rexeite puido ser materializado para a escuadra branca, pero na contra serían os burelenses quen marcaría o 7º tras un tiro de Juanfran, o balón rebotó en Juan Puertas, e desviou a traxectoria despistando a Carlos que nada puido facer para evitalo.
A 7 minutos do final, Xuxa fai unha falta que supoñería a sexta para os locais e o correspondente tiro de Matamoros, quen non perdoa e sobe o 8º gol para o seu equipo. Os laranxas seguirían insistindo sobre a portería local pero o Noia tamén respondería nas contras tendo a máis clara Antoñito cun tiro certeiro que ao final sae desviado. Sétima falta dos noieses e Carlos pararía o 2º tiro de 10 metros para os do Burela FS, arrincando o aplauso da súa afección que non deixaría de animar en ningún momento.
Parecía que o luminoso non se movería máis nos minutos restantes pero con todo Loito non dubidaría en subir o 10º da tarde; o número 9 para o seu equipo nunha contra e que o xogador laranxa remataría ao segundo pau. A pesar dos 2 minutos que restaban para o final do partido, aínda habería tempo para máis goles. Antoñito subiría o 2º para os seus desde os 10 metros tras a sexta falta do equipo do Burela. Sendo leste o último e definitivo gol da tarde.
Final do partido: Noia Portus Apostoli 2- 9 Peixes Rubén Burela FS