Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón
  • Xeral

O PXOM de Padrón volve ao centro do debate

 O Partido Popular pide que a aprobación inicial se faga antes de que remate o ano

Imaxe aérea de Padrón, onde o PP pide un nov o PXOM

Imaxe aérea de Google Maps

 Padrón, 14/06/2026 – Foi unha das promesas electorais do alcalde de Padrón, Anxo Arca, e agora o Partido Popular a trae de novo ao debate. O voceiro popular, Ángel Rodríguez, pide que se aprobe inicialmente antes de que remate o ano.

O PP rexistrou unha moción na que apremia ao goberno local a convocar nun mes unha reunión dos diferentes grupos da Corporación co equipo redactor do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e a elevar o documento ao pleno para a súa aprobación inicial antes de que remate o ano.

O voceiro popular, Ángel Rodríguez Conde, remarca que a revisión e actualización do PXOM de 1994 é “imprescindible e estratéxica” para ordenar o desenvolvemento de Padrón conforme á lexislación vixente e para desbloquear solo, facilitar o acceso á vivenda, atraer investimentos, protexer o patrimonio e dar seguridade xurídica á veciñanza, os propietarios, os promotores e as empresas.

Na súa opinión, en pleno ano 2026 resulta “anacrónico e prexudicial” que o Concello de Padrón teña que seguir afrontando os retos e as necesidades urbanísticas, residenciais, industriais, patrimoniais e de equipamentos “cunha ferramenta do século pasado, obsoleta e que nin sequera está adaptada aos últimos cambios lexislativos en materia urbanística”.

 O voceiro popular lembra que a aprobación da revisión do PXOM era unha das promesas destacadas que figuraban no programa electoral co que o actual alcalde concorreu ás eleccións de 2023. Con posterioridade, no primeiro semestre de 2025 o propio rexedor salientou o progreso dos traballos técnicos do PXOM e comprometeuse a convocar no pasado mes de setembro unha reunión informativa do equipo redactor con todos os grupos da Corporación Municipal, encontro que nunca chegou a convocarse. Rodríguez Conde engade que “Pasados xa nove meses desde esa anunciada reunión que nunca se celebrou, o silencio e a falta de transparencia volveu cinguirse sobre o PXOM, de forma que o que era unha prioridade estratéxica para o alcalde converteuse nun novo exemplo de opacidade, falta de planificación e incumprimento dos compromisos adquiridos”.

Post navigation

Previous: O eclipse de agosto nos Luns do Ateneo
Next: Radio Cos e Lagharteiras no Gaias o Día da Música

Máis novas

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.