Arzúa, 21 de maio do 2021 – O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa inaugura este sábado o proxecto Kougumelos na Capela da Madanela.
A exposición do proxecto Kogumelos mostra o traballo do arzuán Agustín Sánchez Carro.O autor presentará na capela a súa iniciativa de intervención artística no medio natural, concretamente na contorna do encoro de Portodemouros.
Na visita á Capela da Madanela descubrirase un proxecto persoal a través das fotos da parte xa executada do kogumelos. A apertura da mostra terá lugar, este sábado, día 22, ás 11:00h e a inauguración oficial ás 17:00h. Tamén se poderá visitar na semana do 24 ao 30.
Segundo o autor, Agustín Sánchez, con esta iniciativa pretende “reactivar a zona e as inquietudes artísticas e culturais, así como provocar cambios na forma de ver as cousas e mellorar as relacións persoais”.
A entrada será libre con control de aforo e con debido cumprimento de todas as medidas de hixiene e protección fronte á Covid-19.