займ срочно

O proxecto “Golfa” este venres en Anes

0

Ames, 5 de abril do 2022 – Este venres a Casa da Cultura de Bertamiráns acolle a peza teatral Golfa a parti das oito e media da tarde. Unha prevista inicialmente para o 25 de marzo e que tivo que ser demorada.

“Golfa” é un proxecto multidisciplinar do que a peza teatral é só unha parte, A compañía Crémilo Proxectos Culturais e Dist. Espectáculos desenvolven unha iniciativa que inclúe interacción en redes sociais, materiais documentais, spin-offs, talleres, programación para secundaria, ou mesmo encontros con presencia sexolóxica ao final das propias funcións.

Golfa

“Golfa”, dirixida por José Padilla, conta a historia de Amanda, unha adolescente que tras terminar a súa relación con Fran comeza a sufrir un terrible acoso virtual, o que leva aos seus pais a denunciar ao rapaz, que queda apartado do seu instituto. A tensión aumenta cando a nai de Fran, Vicky, aparece na porta de entrada ao centro e insulta a Amanda gravemente, chamándoa “golfa”. Unha semana despois, aparece ben visible un graffiti con esta mesma palabra.

Tras esta rápida escalada nos acontecementos, a xuíza do caso propón que Amanda, Fran e a súa nai, Vicky, asistan a un encontro en liña co sexólogo Jordán Gómez, coa particularidade de que este evento será de libre acceso e pasando lista. Durante a obra, o público presenciará esta charla de sexoloxía, na que os protagonistas se verán as caras e tratarán de defender as súas posicións.

Programación cultural en Ames

O programa completo de cultura de Ames do primeiro semestre de 2022, elaborado pola Concellaría de Cultura en conxunto coa Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), pode consultarse ao completo premendo nesta ligazón.

Venda de entradas e descontos

As entradas poden adquirirse por 5 euros a través da billeteira electrónica do Concello de Ames, ou ben unha hora antes do comezo do espectáculo na Casa da Cultura de Bertamiráns, no caso de que aínda estean dispoñibles. Haberá prezo reducido do 50% do custo ordinario para o estudantado con carné de estudante, as persoas maiores de 60 anos, a rapazada menor de 12 anos, as familias numerosas, a mocidade co carné xove e as persoas demandantes de emprego.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies