Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Dodro
  • Xeral

O programa integrado de emprego avanza no Sar

O plan de emprego ten cen participantes de seis concellos da comarca do Sar

WhatsApp Image 2026-03-15 at 22.43.07

Bisbarra, 24/03/2026 – O Programa integrado de emprego do 2025/2026 continúa avanzando no seu obxectivo de mellorar a empregabilidade das 100 persoas participantes. En este novo plan de emprego participan os concellos de Dodro, Catoira, Padrón, Pontecesures, Rois e Valga.

O programa integrado de emprego está promovido desde o concello de Dodro e está cofinanciado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e por fondos finalistas do Servicio Público de Emprego Estatal con 220.000 euros.

Entre as accións que se desenvolven inclúense formación, orientación e intermediación laboral. Durante os meses de xaneiro a marzo o alumnado do programa participou en diversas accións formativas como Igualdade, Monitor/a de comedor escolar, Manexo de carretilla elevadora, Operacións de ponte guindastre, Trámites online coa administración ou Monitor/a de tempo libre.

Algúns dos cursos máis demandados foron os de Carretilla elevadora, cunha duración de 30 horas e Operacións con ponte guindastre, de 25 horas. Ambas accións formativas tiveron lugar na aula de formación do Concello de Pontecesures, onde se impartiu a parte teórica, e nunha empresa da comarca, onde o alumnado realizou as prácticas.

Estas dúas formacións constitúen requisitos imprescindibles para poder exercer como carretilleira/o e operador/a de ponte guindastre, ocupacións cunha elevada demanda tanto no sector loxístico como noutros sectores produtivos con forte presenza no ámbito territorial do programa.

Post navigation

Previous: Novo céspede para o campo de fútbol Lino Balado en Oroso
Next: Parolando con Elena Bernárdez, presidenta da Xunta de Confrarías

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.