Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

O programa de residencias do CDG retoma a actividade con Proxecto Pank e Fumboa Escénica

20190109CDGResidenciaProxectoPankMasaMadre-slide_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 10 de xaneiro do 2019 – O programa de residencias que o Centro Dramático Galego mantén no Salón Teatro acolle tres pezas asinadas por Proxecto Pank e Funboa Escénica.
    • O punk en escena

Compostela, 10 de xaneiro do 2019 – O programa de residencias que o Centro Dramático Galego mantén no Salón Teatro acolle tres pezas asinadas por Proxecto Pank e Funboa Escénica.

Este Ciclo Pank 2019 arrancará co espectáculo Masa madre + Sal marina, que o binomio creativo formado por Cristina Balboa e Manuel Parra García representará este venres 11 e o sábado 12 de xaneiro, ás 20,30 h.

Masa Madre + Sal Marina

O domingo 13, o pano levantarase ás 18,00 h. para Eso que vi, mentres que o xoves 17, ás 20,30 h., Cristina Balboa compartirá cos espectadores o traballo creativo arredor de O que segue, a súa nova proposta, en proceso de desenvolvemento.

A través do seu programa de estadías, o Centro Dramático Galego pon a disposición destas compañías as instalacións da súa sede e o apoio do equipo técnico para ultimar ou perfeccionar as súas propostas, moitas delas enmarcadas ademais na iniciativa Dramaturxente para o apoio, fomento e promoción das novas dramaturxias galegas.

Eso que vi

O punk en escena

É o caso de Masa madre + Sal marina, a peza coa que dá comezo o Ciclo Pank esta fin de semana e para a que contaron co apoio do fondo internacional Iberescena a través das súas axudas á creación dramatúrxica e coreográfica. A peza toma o seu título da canción que naceu do encontro entre os seus creadores e intérpretes, no que decidiron que querían facer teatro xuntos. Nas súas palabras, axiña cambiaron de idea para intentar dedicarse á música, compensado a súa falta de talento musical co entusiasmo que lles produce escoitar un “temazo” ou formar parte del, xa que o seu soño compartido é o de ser estrelas do punk.

O domingo será Manuel Parra García quen suba as táboas en solitario con Eso que vi, unha peza escénica para “activarse en público ou lerse en solitario”, que amosa a influencia das imaxes televisivas e do cinema mexicano no corpo do artista exiliado Estanislao Barrientos. Empregando recursos da novela, a crónica, o thriller e a écfrase, Barrientos describe algunhas pasaxes da súa vida en paralelo coa historia do país convulsionado que lle tocou habitar.

O que segue

Xa a semana que vén, o xoves 17 será Cristina Balboa quen lle achegará ao público compostelán o work in progress de O que segue, proxecto no que a artista comparte as súas fantasías sobre o éxito, que a levan a seguir buscando a idea perfecta para o seu espectáculo.

A entrada para O que segue será gratuíta, previo paso polo despacho de billetes do Salón Teatro. Pola súa banda, os billetes para Masa madre + Sal marina e Eso que vi xa están á venda en entradas.abanca.com e no teléfono 902 434 443 a un prezo de 8 euros (cos descontos habituais) e de 5 euros (tarifa única do Día do Espectador), respectivamente. Poderán adquirirse, así mesmo, no despacho de billetes do teatro, aberto desde dúas horas antes do comezo das funcións, onde tamén estará dispoñible un bono de 10 euros para os tres espectáculos.

Post navigation

Previous: Novas oportunidades para coñecer a cámara escura da Casa do Cabildo
Next: Novo pau xudicial a adxudicación da ORA no 2012

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

centro-saude-ordes-slide-19-agosto-2017_r
4 minutes read
  • Compostela

Reclaman a recuperación do servizo de tarde no centro de saúde de Ordes

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.