Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Brión
  • Compostela
  • Noia

O primeiro desdobramento da autovía Brión Noia no 2027

O presidente da Xunta supervisou os traballos no treito Brión-Urdilde e avanza que a primeira fase podería estar lista o vindeiro ano

Tramo da autovía entre Brión e Urdilde, imaxe de google maps

Tramo da autovía entre Brión e Urdilde, imaxe de google maps

Brión, 27/05/2026 – Unha vella demanda de toda a bisbarra era o desdobramento da autovía AG-54 desde Brión a Noia. Trátase dunha zona pola que circulan 13.000 vehículos diarios e cunha poboación de 160.000 persoas que se incrementa no verán.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, supervisou este luns o avance das mencionadas obras de conversión. Rueda avanzou en esta visita que a previsión do Goberno autonómico é que esta nova vía “poida abrirse e entrar en funcionamento durante o 2027”.

As obras que se levan a cabo na actualidade son as do primeiro treito, que une Brión e Urdilde (Rois). O titular do Executivo galego estivo acompañado na súa visita pola conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue.

Nesta primeira fase, que supón desdobrar os primeiros 4,9 km desta vía de altas prestacións e un investimento de 11,2 millóns de euros, xa se executou arredor do 10% do total do proxecto, con traballos centrados fundamentalmente en labores previos como a roza, drenaxes ou movementos de terras.

A nova infraestrutura será similar á autovía Santiago-Brión, dispoñendo de dous carrís de 3,5 metros de ancho en cada sentido da circulación. Rueda salientou que, máis alá das cifras técnicas, o verdadeiramente importante desta obra é o beneficio directo que supón para o día a día das persoas e para a mellora da súa calidade de vida.

Rueda engadiu que “As infraestruturas son para mellorar a vida das persoas, non para complicala”, e asegurou que construír autovías implica “máis seguridade vial, máis comodidade, máis rapidez e máis desenvolvemento”.

Post navigation

Previous: Padrón colabora coa FP Dual de Xardinaría e Floraría do IES Plurilingüe de Valga
Next: Municipais 2027

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.