Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

O Presidente da Deputación recibe á nova reitora

Vlanetín González Formoso reuniuse con Rosa Crujeiras e ambos os dous coincidiron en reforza lazos entre Deputación e Universidade.

Un momento da reunión entre o Presidente da Deputación e a reitora da USC

Coruña, 23/05/2026 – O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, mantivo un encontro institucional coa nova reitora da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras.

Tras a reunión de traballo e en declaracións aos medios de comunicación, o mandatario provincial trasladou o profundo orgullo que supón para unha institución bicentenaria como a Deputación da Coruña acoller á representante dunha entidade “con cinco séculos de historia e fundamental para o desenvolvemento de Galicia”.

Formoso quixo poñer en valor a transcendencia histórica do nomeamento de Crujeiras, destacando que é a primeira muller que asume unha responsabilidade de tan alta relevancia, encarnando de xeito exemplar a aspiración do país de “posuír un coñecemento democraticamente distribuído entre toda a cidadanía” como motor indispensable para o progreso colectivo.

O presidente lembrou que a relación bilateral entre o goberno provincial e a USC foi “historicamente moi produtiva”, abranguendo actuacións transversais en todos os eidos que afectan de forma directa á sociedade coruñesa.

Neste sentido, detallou que a cooperación esténdese “dende o ámbito científico, con proxectos que impactan positivamente dende o sector primario ata o sector tecnolóxico, ata o eido social, deportivo e cultural, incluíndo o financiamento de melloras substanciais nas infraestruturas da propia universidade”. Formoso fixo especial fincapé en programas de estímulo do talento matemático como o proxecto ESTALMAT.

O investimento acumulado dende que se asumiu o actual goberno provincial achégase aos tres millóns de euros, unha cifra que, segundo avanzou, “seguirá aumentando progresivamente no futuro inmediato”.

Pola súa banda, a reitora da Universidade de Santiago de Compostela amosou a súa fonda satisfacción por celebrar este encontro de traballo co presidente dunha administración que cualificou de “aliada estratéxica e esencial para proxectar o labor académico máis alá das nosas aulas”.

Crujeiras salientou que o apoio económico e loxístico da Deputación resulta “indispensable para a viabilidade de programas” de gran calado social como as iniciativas de extensión universitaria do cuarto ciclo a través da universidade de maiores, os plans específicos de captación de talento e as accións orientadas á transferencia efectiva de coñecemento cara ao tecido produtivo e social.

A reitora subliñou que as universidades públicas teñen a “misión de contribuír activamente á construción dunha sociedade moito máis crítica, informada e cohesionada”, e fixo un chamamento á loita conxunta polas garantías sociais nun momento complexo no que a contorna universitaria “aínda non reflicte con total fidelidade a diversidade e a realidade demográfica da nosa sociedade”.

Finalmente, ambos os dous mandatarios coincidiron na necesidade de intensificar as ferramentas de colaboración institucional para que a universidade se converta nun espazo de equidade absoluta onde calquera persoa poida acceder ás mesmas oportunidades con independencia do seu punto de partida socioeconómico.

Post navigation

Previous: Senén Barro fala de intelixencia artificial nos Luns do Ateneo
Next: As gravacións de 1986 das pandereteiras de Rois chegan ao Consello da Cultura

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.