займ срочно

O pleno do Pino reclamou melloras na Nacional 547

0

O Pino, 3 de xaneiro do 2022 – O pleno municipal do Pino reclamou, na última sesión do 2021, melloras na N 547na capital do concello, Pedrouzo.

O acordo plenario, aprobado por unanimidade, é consecuencia dunha moción presentada polos socialistas que incorporou unha enmenda do Partido Popular. Esta nova proposta solicita que o Ministerio financie tamén melloras nas avenidas de Lugo e Santiago, tamén parte da N 547. Eliminación de barreiras arquitectónicas, novas redes de sumidoiros, pasos de peóns elevados, novo mobiliario urbano ou novas beirarrúas son algunhas das peticións contidas no documento.

Outros temas

Todos os grupos votaron a favor para aprobar os cinco proxectos presentados para executar o plan de obras de 3 millóns de euros con fondos propios co que o Concello vai crear 12 novos quilómetros de sendas peonís e mellorar diferentes estradas municipais.

A iniciativa en defensa do sector lácteo para solicitarlle á Xunta e ao Goberno central que habiliten medidas que establezan prezos que cubran, polo menos, os costes de produción aos gandeiros e que se poña en marcha o Observatorio Lácteo Galego e se reforce a promoción dos produtos lácteos galegos (entre outras medidas) foi aprobada por unanimidade, unha vez que o grupo socialista aceptou incluír a emenda do Partido Popular.

Dende o grupo popular, o alcalde solicitou incluír un punto solicitándolle ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que habilite mecanismos que garantan o cumprimento da normativa comunitaria e a disposición da Lei da cadea alimentaria (en tramitación no Senado) para que, como mínimo, os prezos lle cubran aos gandeiros os custos de produción.

O plan de obras, por un importe de 3 millóns de euros de fondos propios, fora aprobado no pleno extraordinario do 3 de decembro. Na sesión de onte aprobáronse os cinco proxectos técnicos que inclúen a maioría destas actuacións (case 2,7 millóns) e que deben ser aprobados polo Pleno dado a contía de cada un mes.

Este ambicioso plan de actuación municipal contempla a construción de 12 novos quilómetros de sendas peonís (polo que cada unha das parroquias do municipio terá unha infraestrutura deste tipo para garantir a seguridade vial dos peóns) e tamén arranxos en estradas de titularidade municipal e no interior dalgúns núcleos de poboación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies