займ срочно

O Plan Xeral de Ordes segue parado cinco anos despois da aprobación inicial

0

Ordes, 17 de xuño do 2021 – O BNG de Ordes acusa ao alcalde, José Luís Martínez, de “desleixo” na tramitación do Plan Xeral de Ordenación Urbana.

Os nacionalistas lembran que hai cinco anos que foi aprobado co voto favorable da formación. O BNG lembra que en todo este tempo só se mantiveron seis reunións sobre o Plan Xeral.

Alegacións aprobada pero non aplicadas

En setembro pasado o Pleno Municipal aprobaba por unanimidade 390 da 644 alegacións presentadas. Outra das queixas do Bloque ordense é que aínda non hai un texto refundido que recolla esas modificacións.

En aquel pleno José Luís Martínez aseguraba que só restaban modificacións pedidas pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Medio Ambiente e Estradas para poder aprobar o Plan no menos tempo posible.

O BNG engade á crítica que  “Oroso e Mesía foron quen de tramitar completamente os seus plans urbanísticos en 3 e 4 anos respectivamente” e lembra que o PP de Ordes conta con maioría absoluta.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies