O Pino, 14 de abril do 2020 – O Psoe do Pino ven de rexistrar unha solicitude no concello para que os plenos se sigan celebrando de xeito telemático.
A Lei de Bases de Réxime Local vén de ser modificada polo Consello de Ministros, co obxecto de que se garanta o funcionamento democrático das entidades locais, tal como avanzou recentemente o Delegado do Goberno en Galicia. Etas modificación permiten que as decisións e acordos en pleno, tomados de xeito telemático, teñan validez.
Para o grupo socialista “agora máis que nunca é cando hai que tomar decisións, convocar os plenos que sexan necesarios co fin de tratar os asuntos pendentes, e aprobar todas aquelas iniciativas a prol da nosa veciñanza. A pandemia do Coronavirus non pode servir de escusa para ter todo paralizado, agora hai que poñer en valor o debate, o entendemento e a democracia”, afirman dende o PSOE local.
Tamén indican que o Concello dispón dos medios telemáticos necesarios para este fin, “o Concello dispón dos medios, e así o certifica o último vídeo do Alcalde gravado desde o Salón de Plenos”.