O Pino, 16 de xaneiro do 2020 – A secretaria do concello do Pino ven de convocar sesión extraordinaria para o 28 de xaneiro despois de que o grupo socialista presentara no xulgado un contencioso administrativo.
A Lei de bases de réxime local permite que a cuarta parte de membros da corporación soliciten un pleno extraordinario, podendo pedir un máximo de 3 ao ano. Estes plenos teñen que ser convocado nun máximo de quince días a partir da data da solicitude, algo que o alcalde ignorou e que agora a secretaria fai de motu proprio.
Impugnación do Pleno de orzamentos
Este pleno extraordinario debaterá tamén a impugnación presentada polo Psoe ao Pleno do día 18 no que se aprobaron os orzamentos do concello e as obras do Plan Único da Deputación.
A reclamación fundaméntase en que os concelleiros non foron convocados en tempo e forma; coñecendo a convocatoria, según eles, pola web municipal.
Outro dos puntos será a petición dunha declaración conxunta na que a corporación reclama da Xunta solucións aos problemas de falta de pediatras no centro de saúde.
O Pleno foi convocado para o día 28 as doce do mediodía.
