займ срочно

Reclaman a regulación das vivendas de uso turístico no concello do Pino

0

O Pino, 27 de xuño do 2022 – O grupo socialista no concello do Pino leva ao pleno de xuño unha demanda para que as vivendas de uso turístico sexan reguladas no municipio.

Explican que as existentes no núcleo de Pedrouzos, en Arca, non contan con licencia municipal e precisan de regulación. Engaden que estas vivendas de uso turístico  están a causar multitude de molestias á veciñanza e residentes nas distintas comunidades de propietarios onde se ubican.

Destacan, entre outros problemas, os ruídos a horas intempestivas, a sensación permanente de inseguridade, a privación de descanso, os danos en bens comúns, os altercados, etc. “Problemática que sofren os nosos veciños e onde o Concello ten a obriga de actuar xa, restrinxindo e regulando este tipo de negocios destinados ao uso turístico”, afirman desde o Grupo Socialista municipal.

O PSdeG local insta ao Concello que, en base a recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, regule este tipo de negocios. Piden que se solicite á Xunta de Galicia que non inscriba e borre, do Rexistro autonómico, as vivendas de uso turístico asentadas no termo municipal que carezan de licencia de actividade “como xa están a facer outros concellos como por exemplo, o de Santiago”, indica o voceiro socialista, Óscar Vilar.

Na iniciativa, que será debatida no Pleno ordinario deste Martes 28 de xuño, tamén demandan que calquera solicitude de licencia municipal para vivendas de uso turístico terá que ser tramitada dándolle audiencia ás comunidades de propietarios afectadas, co obxecto de que estas poidan presentar as alegacións que estimen, por considerar esta actividade como molesta para a veciñanza do inmoble.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies