Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • O Pino

Ábrese un debate sobre os límites do uso institucional das redes sociais

O Psoe do Pino obriga a convocar un pleno extraordinario no que se de unha argumentación xurídica para o bloqueo de veciños ás redes sociais do concello
Concello-de-O-Pino_DSC0528-slide-w_r

O Pino, 20 de xuño do 2022 – O Psoe do Pino obriga a convocar un pleno extraordinario no que se de unha argumentación xurídica para o bloqueo de veciños ás redes sociais do concello.

A cita terá lugar ás nove da mañá e a convocatoria solicita que o alcalde, Manuel Taboada, explique os motivos de manter o bloqueo, a varios veciños/as e representantes municipais, no acceso e visualización das redes sociais institucionais

Antes de esta convocatoria os socialistas presentaron distintos escritos pedindo estas mesmas explicacións pero ante a falta de respostas decidiron convocar o pleno extrordinario, un dos tres que teñen dereito a convocar cada ano.

O PSdeG local afirma que o Alcalde de O Pino utiliza desde fai moito tempo as redes sociais institucionais dun xeito totalmente partidista, “o Sr. Taboada caracterízase por darse autobombo. Leva moi mal a crítica, non acepta que ninguén cuestione a súa labor, e cando algún veciño ou veciña discrepa coa acción do goberno e o manifesta publicamente, o Alcalde, intenta por todos os medios que iso non transcenda, censurando e bloqueando ao mesmo nas redes sociais do concello”, manifesta o voceiro socialista, Óscar Vilar.

O Grupo Socialista local indica que estes feitos non se poden volver a permitir, “estamos ante un abuso de dereito, e extralimitación de funcións por parte dun mandatario local. Hoxe ninguén discute que as redes sociais institucionais son unha fonte de información para a cidadanía, e ninguén pode limitar ese dereito, e moitos menos a ningún concelleiro ou concelleira”, afirman.

Co obxecto de que todo isto non se volva a producir levan tres propostas de acordos ao Pleno: ordenar o desbloqueo inmediato, fomentar que as redes sociais institucionais conteñan información obxectiva e non se utilicen de forma partidista, e no caso de que se teña que realizar algún bloqueo por faltas de respecto e educación terá que existir antes un informe motivado e aprobado polo Pleno da Corporación.

Post navigation

Previous: Reunión informativa do concello de Teo sobre a canteira da Casalonga
Next: Movendo os marcos: Encordass Fiddle Fest

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Un momento da sesión plenaria no concello do Pino
4 minutes read
  • Xeral

O Pino cobrará o recibo da auga cada 2 meses e apraza a taxa de sumidoiros

Imaxe da Ponte das Canizas no concello do Pino
2 minutes read
  • Xeral

Alertan do perigo de derrube da Ponte das Canizas no Pino

Terreos da nova deputradora de O PIno
3 minutes read
  • Xeral

O Pino terá que devolver o cobrado polo saneamento

o pino boqueixon mellora conexion 14 arzo 2026jpg (1)
4 minutes read
  • Boqueixón

Mellora da comunicación entre Boqueixón e O Pino

O Pino: Divertidas propostas no desfile de Entroido
3 minutes read
  • Axenda

O Pino celebrará o seu primeiro desfile de Entroido

O Pino: O pleno ordinario aproba por unanimidade o POS+ para gasto social extraordinario en 2026
2 minutes read
  • O Pino

O Pino recorre ao POS+ para manter o SAF

o pino orzamentos slide 10 decembro 2025
2 minutes read
  • O Pino

O Pino aproba un orzamento de 5,86 millóns para o 2026

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.