Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • O Pino

O Pino cobrará o recibo da auga cada 2 meses e apraza a taxa de sumidoiros

A supresión da taxa por sumidoiros no Pino ten efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro

Un momento da sesión plenaria no concello do Pino

O Pino, 30/06/2026 – O Pleno do Concello do Pino aprobou por unanimidade modificar a ordenanza reguladora do prezo público da auga que ratifica a supresión da taxa de saneamento de sumidoiros. Como novidade a partir de agora o recibos cobraranse cada dous meses.

Os recibos do consumo de auga da traída municipal pasarán a ser bimensuais no Concello do Pino a partir do mes de xullo deste ano. As taxas de abastecemento manteñen os mesmos prezos que se aplicaron xa no primeiro trimestre, o Pleno si acordou deixar en suspenso a taxa pola depuración e sumidoiros ata que se complete o estudo que permita establecer os custos reais deste servizo. Durante este período o gasto será asumido polas arcas municipais. A taxa de depuración suspéndese con efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro deste ano.

O recibo bimensual facilitará a detección precoz de anomalías técnicas e unha localización de perdas de auga de xeito máis áxil, segundo trasladou a empresa concesionaria ao Concello. Ademais, ao facerse a lectura do contador cada dous meses tamén se facilita un consumo responsable da auga e mellora a xestión e o control por parte das persoas usuarias, ao coñecer o consumo que fan con maior asiduidade.

O alcalde, Manuel Taboada, explicou que o consumo real da depuradora é menor que o estimado no estudio económico feito durante 2025. “A idea é deixar que a EDAR estea un ano en funcionamento para coñecer cal é o custo do seu funcionamento  e así poder elaborar unha taxa de saneamento e depuración con gastos reais”, asegurou.

Manuel Taboada volveu animar á veciñanza a comunicar ben no concello ou ben nas oficinas da empresa concesionaria calquera anomalía que detecten tanto no servizo de abastecemento de auga coma nos recibos. A modo de exemplo dixo que si unha familia que ten fosa séptica e non está conectada a depuradora, pero se lle pasou o recibo de saneamento e sumidoiros debe notificalo para corrixir ese erro.

Así mesmo, o alcalde explicou que nos vindeiros recibos deste ano se compensará o que se cobrou de máis pola taxa de saneamento a todas as persoas usuarias no recibo do primeiro trimestre deste ano. A primeira compensación farase xa no recibo deste segundo trimestre, “e se fose necesario seguirase aplicando nos vindeiros recibos, que xa serán bimensuais”, engadiu.

Mellora da ponte dos Mogos

Por outra banda, o Pleno tamén aprobou por unanimidade a sinatura dun convenio co Concello de Toura para mellorar a ponte dos Mogos, situada no límite entre ambos municipio na estrada que vai dende Arca ata Bama. Para esta mellora solicitarase unha subvención de 50.000 euros á Consellería de Presidencia

A obra ten un orzamento de 62.500 euros e consistirá en darlle un sobreancho para incrementar a seguridade viaria dos peóns e tamén mellorar as barandas que garanten a seguridade dos vehículos, ademais de mellorar o firme.

O Pino será o concello encargado de levar toda a xestión: tramitar o expediente, solicitar a axuda á Xunta e a contratación das obras. Do orzamento total agardase que a Xunta aporte o 80%, outro 15% o concello do Pino e un 5% o Concello deTouro.

Competencias de tráfico e Conta Xeral

A proposta da alcaldía de ceder as competencias á Xefatura Provincial de Tráfico en materia de sancións de circulación no termo municipal do Pino tamén foi aprobado por unanimidade. O alcalde argumentou que o Concello non ten nin policía local ni persoal para asumir a tramitación destes expedientes.

Na sesión tamén se aprobou definitivamente a Conta Xeral do Concello correspondente ao ano 2025, que deixou un remanente positivo de tesourería de 1,86 millóns de euros. A conta estivo a exposición pública e non se presentou ningunha alegación. A aprobación definitiva foi cos votos a favor do PP (7) e a abstención de BNG (2) e PSdeG (2).

Vivenda pública

A Corporación tamén ratificou a cesión da parcela R-9 ao Instituto Galego de Vivenda e Solo para construír vivenda pública en Arca. A parcela xa fora cedida a Xunta para a construción de ata 16 vivendas protexidas ao estar pegada a outra parcela de titularidade autonómica, pero o Goberno autonómico solicitou un acordo plenario, que se tomou por unanimidade. Segundo explicou o alcalde, tras o período de exposición pública durante 20 días, completarase a cesión á Xunta, que ten previsto incluír esta parcela na bolsa de só durante este ano por se hai promotores interesados en construír vivenda pública no Pino.

Post navigation

Previous: A Deputación destina 1 millón de euros a mellorar a estrada Santiago Val do Dubra
Next: Frades prohibe o uso da auga municipal para encher piscinas e regar xardíns

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.