O Pino, 27 de febreiro do 2020 – O Psoe de O Pino ven de denunciar o “lamentable estado” no que se atopa o campo de fútbol do Lameiro financiado pola Deputación da Coruña.
O campo do Lameiro foi gañador do Concurso de Ideas para Campos de Fútbol (Plan 2000). 20 anos despois da súa construción a instalación está nun estado de absoluto abandono como explican desde o Psoe “vestiarios, cafetería, almacéns e instalacións todas esnaquizadas, da pena ver como instalacións deportivas que poderían ter outros usos están totalmente abandonadas, e pouco o nada preocupan ó Alcalde, visto o estado no que se atopan”.
Denuncian que unha instalación que podería estar sendo usada, e que supuxo unha forte inversión, non vale de nada e recuperala tería uns altos custos. Explican que “o PP só pensa no ladrillo e non na utilidade posterior do que se construe”.