Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • O Pino
  • Xeral

O Pino celebrará o seu primeiro desfile de Entroido

O concello do Pino terá este ano desfile de Entroido por primeira vez como parte do XXVI Concurso de disfraces

O Pino: Divertidas propostas no desfile de Entroido

A diosa da neve, gañadora infantil

O Pino xa ten todo preparado para o Entroido 2026 e este ano chega cunha destacada novidade xa que por primeira vez o Concurso de Disfraces, que alcanza a súa XXVI edición, desenvolverase cun desfile polas rúas do Pedrouzo, reforzando o carácter participativo da cita.

O evento celebrarase o domingo 15 de febreiro, a partir das 17.30 horas, cun percorrido que partirá da rúa dos Mollaos, atravesará a praza de Forcarei e rematará na praza do Concello onde, como é tradición, haberá unha carpa e se celebrará unha gran festa.

Con desfile de Entroido o Concello do Pino busca dar maior visibilidade a esta festa, favorecer a interacción co público e seguir potenciando unha celebración que combina tradición, creatividade e dinamización social.

O certame de Entroido está aberto á participación de persoas individuais e agrupacións, sempre que cumpran os requisitos establecidos nas bases reguladoras. No caso de participantes menores de idade, será necesaria a correspondente autorización do representante legal.

Categorías e premios

O XXVI Concurso de Disfraces de Entroido manterá as sete categorías competitivas, todas elas con premios en metálico, mantendo os mesmos importes que na pasada edición.

Na categoría infantil, dirixida a nenos e nenas de ata 12 anos, establécense dous premios: 150 euros para o primeiro posto e 100 euros para o segundo. O premio na modalidade individual adultos será de 150 euros, mentres que as parellas optarán a unha dotación de 200 euros.

Os grupos, formados por entre 4 e 9 persoas, competirán por un premio de 300 euros, ao tempo que as comparsas, cun mínimo de 10 integrantes, poderán acadar un premio de 700 euros. As carrozas, que deberán contar con polo menos 4 persoas sobre unha estrutura móbil decorada, estarán dotadas cun premio de 500 euros.

Como recoñecemento á creatividade e á innovación, outorgarase tamén un premio específico ao disfrace máis orixinal, cunha dotación económica de 200 euros.  O xurado do Entroido valorará a orixinalidade, a posta en escena, o uso de materiais reciclados e o fomento da lingua galega.

As agrupacións poderán realizar pequenas representacións (3-4 min) para gañar o favor do público e do xurado. Os premios entregaranse durante o propio evento e serán abonados posteriormente mediante transferencia bancaria, previa presentación da documentación requirida dentro do prazo establecido nas bases.

Inscricións

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o propio día 15 de febreiro de 2026. As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica municipal; de xeito presencial no Rexistro do Concello do Pino; e tamén o mesmo día do evento, entre as 16.00 e as 17.00 horas, antes do inicio do desfile.

As bases completas do XXVI Concurso de Disfraces do Entroido 2026, así como os formularios de inscrición, estarán dispoñibles na web www.opino.gal.

Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Departamento de Educación e Cultura, na Casa da Cultura (Rúa do Peregrino, 10), ou chamar ao teléfono 981 511 065.

Post navigation

Previous: Noia celebra o seu Entroido número 40
Next: Mohamed Safa fala do xenocidio palestino nos Luns do Ateneo

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.