Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • O Pino
  • Xeral

Reforzo para o SAF do Pino

O Pino aproba en pleno destinar ao SAF o POS para gasto social

Bisbarra, 2 de xaneiro do 2025 – O último pleno ordinario do ano no Pino aprobou o acordo de destinar a reforzar o servizo de axuda no fogar (SAF) a práctica totalidade do POS+ adicional para gastos sociais extraordinarios de 2025.

A Corporación aprobou a proposta do equipo de goberno para que 119.912,13 euros sexan para cubrir a parte da achega municipal ao servizo de axuda no fogar na modalidade de dependencia, e os 35.468,45 euros restantes para reforzar e ampliar o persoal técnico ou administrativo do departamento de Servizos Sociais.

O plan estratéxico de subvencións, o regulamento do uso dos pavillóns municipais, a aprobación da política de seguridade da información do Concello en colaboración doa Deputación, e a ordenanza para protexer os camiños municipais das actividades de extracción da madeira foron aprobadas por unanimidade.

O PP sacou adiante a moción para rexeitar a suba do lixo “e que vai multiplicar por tres o catro o recibo do lixo nos fogares”, e rexeitou a moción do BNG reclamando que se rexeite o novo proxecto da mina de Cebreiro.

Na sesión, celebrada o pasado luns, tamén se aprobou o plan estratéxico de subvencións para trienio 2025-2027 e que se aplicará tanto as subvencións concedidas en réxime de concorrencia competitiva ou as nominativas previstas nos orzamentos municipais, como xa incluía o que está en vigor.

Este plan integra as liñas de subvencións do Concello referidas ao fomento da promoción do deporte, a cultura, a xuventude e o fomento turístico no municipio (liña 1); o fomento da acción social e da natalidade, o acceso á educación e a protección das familias (liña 2). O fomento do sector primaria (liña 3), da saúde animal (liña 4) e o fomento do desenvolvemento económico local, comercio e emprego (liña 5) tamén aparecen reflectidas no plan estratéxico.

Tamén se aprobou hoxe a ordenanza municipal para protexer e conservar os camiños e vías municipais en relación coas operacións de corta e saca de madeira do municipio, para facer compatible a actividade forestal coa preservación do medio natural, dos bens municipais e da seguridade viaria.

Entre outras cuestións, a ordenanza establece a obrigatoriedade para os madeireiros da comunicación previa da corta e saca de madeira cando o volume estimado supere as 20 toneladas ou que a superficie catastral da parcela sexa superior aos 600 metros cadrados.

En función da superficie da parcela, a ordenanza establece unha fianza previa obrigatoria que varía entre os 500 euros (para leiras de 10.000 metros cadrados); 1.500 euros (ata 20.000 metros cadrados), 4.000 euros (ata 3 hectáreas) ou 6.000 euros se a leira supera os 30.000 metros cadrados de superficie.

O punto aprobouse por unanimidade (ao igual que os anteriores), despois de modificar o importe das sancións contempladas no artigo 10, de xeito que a sanción leve implicará unha multa de 300 a 500 euros; a grave, de 500,01 a 1.500 €, e as moi graves de 1.500 a 3.000 euros.

Usos dos polideportivos municipais

No pleno tamén se aprobou por unanimidade o regulamento de uso dos pavillóns municipais do Pino, que ten por obxectivo favorecer o uso e gozo máis propicio destas instalacións e garantir un uso responsable e eficiente das instalacións deportivas cubertas e facilitar a convivencia entre todas as persoas usuarias.

Os clubs deportivos terán preferencia á hora de solicitar os uso dos pavillóns sexa esta para toda a temporada, no período de verán ou para outras vacacións escolares.

As reservas puntuais das pistas para uso libre deberán facerse a través do departamentos de Deportes do Concello cunha semana de antelación. Para facilitar estes trámites, o Concello está a habilitar unha plataforma dixital de reservas.

O uso dos pavillóns durante a fin de semana quedará supeditado a que exista dispoñibilidade unha vez atendidas tanto as competicións referentes ás Escolas Deportivas Municipais como as dos clubes.

O máximo que se permitirá reservar será de 2 horas diarias ou 4 semanais. As taxas polo uso dos pavillóns son as establecidas na ordenanza fiscal número catro, publicada no BOP do 26 de decembro de 1998.

A Corporación do Pino tamén modificou a composición da mesa de contratación permanente do Concello, que pasa a estar integrada polo alcalde, como presidente,  e que terá como vogais á secretaria-interventora, ao técnico de xestión económica, e ao arquitecto técnico; e como secretaria a unha administrativa das oficinas xerais.

Post navigation

Previous: Que é o que máis se le en Lindeiros
Next: O Centro de Día de Teo xa ten un lugar

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.