O Pino, 3 de febreiro do 2020 – O concello do Pino mantén almacenado distinto equipamento deportivo financiado con fondos europeos.
O Psoe denuncia que solicitou en distintas ocasións o protocolo a seguir para poder usar dito equipamento deportivo sen que polo momento o goberno municipal contestara.
Parado desde novembro
No pasado mes de novembro o concello adquiriu diverso material cardio con cargo a unha subvención do PDR 2014-2020 (convocatoria 2018-2019). Material valorado en 38.000€, e composto por; 5 cintas de correr; 5 elípticas; 5 bicicletas; 2 remos, e tanxible auxiliar.
Este equipamento deportivo está instalado no pavillón municipal do Lameiro desde mediados daquel mes e, según explican os socialistas, “dous meses máis tarde segue sen estar a disposición da veciñanza”.
O PSOE informa que a partir de decembro solicitaron o protocolo de uso sen que recibiran resposta algunha. Critican que se estea a privar o uso desta nova instalación cando o financiamento vén grazas ós fondos europeos, “a este paso as máquinas esgotaran a garantía e seguirán sen estrear”, apuntan.
Tamén indican que todo o mercado a través de subvencións ten unha serie de obrigas para as entidades beneficiarias, “a principal; respectar o destino da inversión, e neste caso xa se está a incumprir”, cousa que lamentan.
