Bisbarra, 2 de febreiro do 2023 – A construción da autovía a Lugo deixou sen parada de bus, e sen conexión con Santiago á parroquia de Castrofeito, no concello do Pino.
A autovía A-54 dividiu en dous á parroquia e eliminando a parada de bus que conectaba a zona con Lavacolla e Santiago. O número de conexións para veciñanza pasou de unha cada hora a dúas ao longo de todo o día.
Desde sempre a empresa Freire chegaba a Arca e desde alí iniciaba un percorrido que o levaba ata Castrofeito para volver despois á nacional e continuar cara Lavacolla. No 2017 as obras da autovía eliminaron a parada e o bus deixou de pasar por alí. A nova concesionaria Monbus mantivo o novo percorrido aínda que xa se mostrou disposta a recuperar o vello si demarcación de carreteras autoriza a parada.
A Asociación de Veciños de Castrofeito que no 2017 tomaron a situación como algo puntual, debido as obras, viron que o problema continuaba e xa no 2021
Presentaron unha queixa no Servizo de Mobilidade, onde se informaba da “situación de illamento no que se atopaba a zona e do grave trastorno que esta situación provocaba nas persoas que cada día optaban por empregar este medio de transporte”.
Pola súa banda a Dirección Xeral de Mobilidade contestaba que “se iniciou un traballo de análise conxunta coa empresa titular da concesión e o Concello do Pino co obxectivo de atopar unha solución para a súa conexión con Santiago”, Por alí xa pasaron técnicos das administracións, a empresa asegura estar disposta a o novo percorrido e o concello a levar a cabo a adecuación da parada, só faltan os permisos de demarcación de carreteras que ninguén sabe moi ben porque non chegan.