Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • O Pino
  • Xeral

De unitarias a casas do maior

Edificio da Escola Unitaria de Lardeiros (O Pino)

Bisbarra, 27 de decembro do 2024 – En toda a bisbarra existen antigas escolas unitarias sen utilizar, cada vez menos, e un dos usos aos que se comezan a destinar eses inmobles e o de casas do maior.

O Pino é un dos concellos que aposta por esta solución no futuro inmediato. No vindeiro ano o municipio disporá de dúas casas do maior nas unitarias de Ferreiros e Lardeiros, recentemente acondicionadas para tal fin.

Estas casas do maior serán atendidas por dúas autónomas do concello. Terán un máximo de dez ocupantes maiores de 60 anos durante 40 horas semanais, de luns a venres laborais. O obxectivo é dedicar a metade da planta baixa de ambos os edificios para poder atender a estes usuarios.

Trátase dun servizo gratuíto de atención diúrna a persoas sen dependencia ou en situación de dependencia de grao I ou II, que estean empadroadas no Pino. En cada casa do maior pódense atender a un máximo de cinco persoas.

O servizo, atendido por unha persoa autónoma ou cooperativas de traballo asociado, está aberto todo o ano agás festivos e un mes de vacacións. O Concello non descarta habilitar máis locais noutras parroquias se hai demanda para poñer en marcha máis  unidades deste servizo.

No último Pleno, o alcalde, Manuel Taboada, explicou que o Concello aposta por este servizo fronte ao centro de día, “porque a casa do maior é gratuíta e no centro de día as persoas usuarias teñen que pagar sobre 500 euros mensuais”. O alcalde tamén indicou que nas casas do maior o transporte pode ser gratuíto para as persoas usuarias.

No caso de Lardeiros e de Ferreiros hai dúas mulleres do municipio que xa solicitaron poñer en marcha as dúas casas do maior, por iso o Concello acondicionou os locais para que poidan estar en funcionamento o antes posible. En ambos casos, o espazo dedicado a casa do maior contará con zona de estar ampla, cociña, despensa e baños adaptados.

“Se hai más persoas autónomas interesadas en montar casas do maior noutras parroquias, dende o Concello facilitaremos e acondicionaremos os edificios para  achegar este servizo tan importante a nosa veciñanza”, dixo Manuel Taboada no Pleno.

“Con catro casas do maior xa podemos ofrecer o mesmo servizo que nun centro de día de 20 prazas, e facelo máis preto da residencia habitual dos veciños e veciñas que precisen do servizo, polo que pensamos que vai ser máis beneficioso para todos”, dixo Manuel Taboada no pleno en resposta a unha pregunta formulada polo grupo socialista.

Residencia de maiores

No pleno celebrado o 16 de decembro, no que se aprobaron os orzamentos para 2025, Manuel Taboada explicou que aínda que o Concello aposta agora polas casa do maior fronte ao centro de día, segue mantendo a necesidade de contar cunha residencia para persoas da terceira idade.

“Seguimos negociando coa Consellería de Política Social a construción dunha residencia para persoas maiores”, indicou Taboada. Con este obxectivo, o Concello é propietario dunha parcela que mercou en Arca, en fronte do centro de saúde, do colexio e da casa de cultura.

Post navigation

Previous: O Mercado da Luz volve a iluminar a Casa das Máquinas
Next: Teo prioriza os servizos sociais

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.