Compostela, 20 de maio do 2019 – O Monbus Obradoiro non puido facerse coa vitoria que selaría a permanencia na liga Endesa tras perder pola mínima na pista do Movistar Estudantes (83-80).
Potente arranque estudantil en busca da permanencia

Moi conscientes de que tamén se xogaban seguir na ACB, os de Berrocal saíron a morder desde o minuto 0, cun Gentile moi motivado no aspecto ofensivo, sen que os obradoiristas fosen capaces de paralo.
Falta de anotación
Todo o acerto que tiña o Movistar Estudantes faltáballe ao Monbus Obradoiro. Vasileiadis e Simons sumaban desde 6,75 mentres Llovet e Spires facíano desde a pintura, pero non era suficiente para frear ao conxunto colexial, que terminou o primeiro cuarto con 3/4 en triplos fronte aos 2/9 dos obradoiristas (24-13).
Remontada obradoirista de cabeza e corazón

Os de Moncho Fernández sabían que significaba unha vitoria. Non perderon a cabeza os composteláns, que saíron moi concentrados no segundo cuarto facendo o seu traballo, para ir recortando as distancias no marcador con Obst e Brodziansky inspiradísimos. O electrónico reflectía no descanso un 42-39 a favor do Movistar Estudantes.
Por diante no marcador
Non foi ata o final do terceiro cuarto cando os galegos lográronse poñer por diante dos madrileños no marcador. Restaban 34 segundos para o final do terceiro período cando Brodziansky anotou a bandexa que poñería por encima ao seu equipo por primeira vez en todo o partido (61-62).
Os composteláns mantiveron esa mínima vantaxe os seguintes minutos, vantaxe que os de Berrocal chegaron a empatar en tres ocasiones. Foi na terceira, a falta de 02:26 para o final, cando apareceu Brizuela para anotar un mate que igualaría o marcador a 76 puntos.

Os obradoiristas non conseguían anotar nas situacións xeradas e Brizuela exerceu de verdugo para anotar unha bandexa que puxo ao seu equipo por diante no marcador, ademais do triplo que aumentou a distancia ata 5 puntos a falta de 37 segundos (81-76). Non se renderon os obradoiristas, pero o partido finalizou cun 83-80 no electrónico.
Gentile e Brizuela
Alessandro Gentile e Darío Brizuela, ambos os repostos das súas lesións, guiaron ao seu equipo ata a vitoria tas anotar 27 e 14 puntos respectivamente, sendo os 9 últimos do partido do escolta español, que deu a vitoria ao seu equipo.
Desprazamento afeccionados obradoiristas
Máis de douscentos afeccionados obradoiristas desprazáronse a Madrid para apoiar ao equipo neste importante partido. O persoal sentiuse arroupado desde o momento en que se baixou do autobús nas inmediacións do WiZink Center ao ver alí á súa afección. Os obradoiristas non quixeron que faltase o Miudiño e as duascentas gargantas entoaron o himno obradoirista a falta dun minuto para o comezo do encontro. Antes de regresar a terras galegas, os afeccionados esperaron aos xogadores e adestradores para darlles todo o seu apoio.

O Monbus Obradoiro disputará o último encontro da tempada, con todo por decidir, o vindeiro domingo, ás 12:30 horas, #ante a súa afección, recibindo ao Barça Lassa.
