Compostela, 27 de novembro do 2018 – Unha das propostas máis poderosas do pasado Cannes foi Un couteau dans le coeur / Coitelo e corazón, de Yann González, gran estrea deste martes en Cineuropa.
Unha sucesión de asasinatos cometidos durante a rodaxe dun filme porno gai serve a Yann González para unha fastosa mestizaxe de elementos do giallo de Dario Argento, do cinema de Brian de Palma ou do Antonioni de Blow-Up. O terror de paxaros de pluma de cristal, a imaxe como creación asociada ao sexo, á paixón e á morte ficcionada ou carnal. Unha pantasma da ópera homoerótica e infinitamente libre. A cita coa segunda longametraxe de Yann Gonzalez será ás 22:15 h. no Teatro Principal.
O novo de Christophe Honoré, Plaire, aimer et courir vite, tamén celebrará a súa estrea nesta xornada ás 19:45 h. no Salón Teatro. Para Honoré, a evocación dunha historia de amor condenada á dilución e, con todo, vivida coa intensidade do gozar do momento atopa o seu leito neste excurso aos anos 90. Unha relación homosexual e a sida soa como referente cronolóxico de algo que é como un eco do pasado e dun futuro incerto. Sobre esa sensible estrutura reafírmase, sen medo o kitsch, esta crónica de pobres amantes, condenados pola ferida do tempo.
Hoxe tamén dáse a oportunidade de gozar novamente de filmes como Obra sen autor, de Florian Henckel, programada ás 22:15 h. no Salón Teatro, que foi valorada cun 8,55 polo público deste festival no seu primeiro pase; A casa de verán, de Valeria Bruni Tedeschi (que se poderá ver ás 17:30 h. no mesmo Salón Teatro); a belísima película en lingua aimará Wiñaypacha, de Oscar Catacora (Salón Teatro ás 16 h.); o nihilista retorno de Érick Zonca Fleuve noir (ás 20 h. no Teatro Principal); ou mesmo a oportunidade de gozar en pantalla grande dese clásico de Kubrick, filme provocador por excelencia, que é A laranza mecánica (cuxa proxección dará comezo a medianoite no Principal).
O ciclo retrospectivo de 100 anos de cine romanés realizado grazas á colaboración do Instituto Cultural Romanés de Madrid, botará o seu peche esta xornada coa proxección de Occidente, de Cristian Mungiu (que se poderá ver ás 19:45 h. nos Multicines Compostela); Fútbol Infinito, de Corneliu Porumboiu, e O fillo máis amado da terra, de Șerban Marinescu, ambos os dous filmes, estes últimos, programados en Numax ás 21 h e 22:15 h. respectivamente.
Este martes, e tamén en Numax, teremos unha última oportunidade ás 17:30 h. de asistir á exhibición dunha das apostas programáticas desta edición: Mulleres experimentalistas de América Latina, un programa composto de nove curtas realizadas por diferentes autoras e que, segundo a curadora e restauradora uruguaia Ángela Ruiz, “é abordado desde unha perspectiva feminista decolonial que procura indagar nos posibles desbordes e implicacións epistémicas dos termos “muller latinoamericana” e “artista latina”, para compoñer un mapa de empatías conceptuais, estratexias coincidentes e redes afectivas que traspasaron barreiras xeopolíticas e apostaron pola subversión do canon modernista”.
PROGRAMACIÓN CINEUROPA MARTES 27
TEATRO PRINCIPAL
16:15 COINCOIN ET LES Z’INHUMAINS / COINCOIN CONTRA OS EXTRATERRESTRES Bruno Dumont
20:00 FLEUVE NOIR Érick Zonca
22:15 UN COUTEAU DANS LE COEUR / COITELO E CORAZÓN Yann Gonzalez
00:00 A CLOCKWORK ORANGE / A LARANXA MECÁNICA* Stanley Kubrick
SALÓN TEATRO
16:00 WIÑAYPACHA / ETERNIDADE Oscar Catacora
17:30 LES ESTIVANTS / A CASA DE VERÁN Valeria Bruni Tedeschi
19:45 PLAIRE, AIMER ET COURIR VITE / SORRY ANGEL Christophe Honoré
22:15 NEVER LOOK AWAY / OBRA SEN AUTOR Florian Henckel von Donnersmarck
MULTICINES COMPOSTELA (SALA 2)
17:45 NEVILLE D’ALMEIDA: CRONISTA DA BELEZA E DO CAOS Mario Abbade
19:45 OCCIDENT / OCCIDENTE Cristian Mungiu
21:45 ME SIENTO EXTRAÑA* Enrique Martí Maqueda
MULTICINES COMPOSTELA (SALA B)
22:00 JE SUIS À PRENDRE* Francis Leroi
CINEMA NUMAX
17:30 MULLERES EXPERIMENTALISTAS DE AMÉRICA LATINA
19:15 L’EMPIRE DE LA PERFECTION / BUSCANDO A PERFECCIÓN Julien Faraut
21:00 FOTBAL INFINIT / FÚTBOL INFINITO Corneliu Porumboiu
22:15 CEL MAI IUBIT DINTRE PĂMÂNTENI / O FILLO MÁIS AMADO DA TERRA Șerban Marinescu
SALA AGUSTÍN MAGÁN (CC. SANTA MARTA)
16:00 L’ULTIMO PULCINELLA* Maurizio Scaparro
17:45 UN CHANT D’AMOUR* Jean Genet + SUDDENLY, LAST SUMMER / DE SÚBITO, O ÚLTIMO VERÁN* Joseph L. Mankiewicz
20:15 SEDMIKRÁSKY / AS MARGARIDAS* Vera Chytilová
Nota: as películas marcadas cun asterisco son de entrada libre.