Teo, 8 de novembro do 2021 – O novo debate no concello de Teo ábrese cunha nota de prensa do Partido Popular no que se anuncia un novo centro de saúde no concello.
O comunicado fala dun novo ambulatorio de 2.500 metros cadrados. Incluirá a atención bucodental, sala de pediatría, de educación sanitaria e atención ao usuario. O novo centro unificará os actuais servizos do concello e os catro pequenos centros sanitarios que existen no concello”. “Evitará a actual dispersión asistencial, ampliará a carteira de servizos e fará máis doada a planificación de persoal, tanto en dotación, como en substitucións”, según o voceiro popular José Manuel Guerra.

Sin datas nen orzamento
O novo centro de saúde de Teo ven reflectido no Plan de Infraestructuras Sanitarias de Atención Primaria. Un proceso dividido en 51 actuacións divididas en 3 fases. O de Teo aparece na fase dúas.
Polo momento os orzamentos do 2022 contemplan partidas para a fase 1 e para reformas que non precisan de colaboración municipal, por exemplo o centro de saúde de Conxo en Santiago.
A previsión para o contemplado na fase 2 e, según as declaracións do Alberto Núñez Feijoo, a segunda parte da lexislatura, a partir do 2023. O novo centro de Teo entre licitacións e obra será complexo que funcione antes do 2024 polo que, polo de agora, haberá que rebbaixar as expectativas.