Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Entroido

O Museo do Pobo Galego entroidará nas redes

O Museo do Pobo Galego entroidará online cunha nova edición das xornadas dedicadas ás Máscaras Tradicionais.
museo-do-pobo-galego-entroido-slide-10-febreiro-2021-(2)_r

Compostela, 10 de febreiro do 2021 – O Museo do Pobo Galego entroidará online cunha nova edición das xornadas dedicadas ás Máscaras Tradicionais.

A actividade terá lugar os días 11, 12 e 16 de febreiro ás 7 da tarde a través da canle de Youtube do Museo do Pobo. Neste ano, no que esta festa será tan diferente a outros, o Museo quere aproveitar o soporte dixital, coñecer outras máscaras da península ibérica nun percorrido que irá de Podence (Trás-Os-Montes, Portugal) a Toén (Ourense) pasando por Riofrío de Aliste (Zamora), compartindo o espírito resistente e creativo de Caretos, Carochos, Labardeiros e Señoritas.

A primeira xornada terá lugar mañá xoves e xirará arredor dos Caretos de Podence (Trás-Os-Montes) coa intervención de Antonio José Valente Carneiro, presidente e fundador da Asociación Grupo de Caretos de Podence. Esta figura representa imaxes diabólicas e misteriosas que saen á rúa nas festividades carnavalescas de Podence – Macedo de Cavaleiros. O proceso de recuperación desta tradición comezou após a revolución de 1974, na actualidade esta figura está recoñecida como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade pola UNESCO.

O venres a proposta vai ata Riofrío de Aliste (Zamora) para coñecer aos Carochos ou Zangarrones da man de Juan Francisco Blanco, autor do libro Los Carochos. Rito y tradición en Aliste e Rubén Gago, membro da Asociación Amanecer. Esta figura forma parte das diversas mascaradas de inverno que hai no norte de peninsular e sae cada 1 de xaneiro polas rúas da vila. Nesta saída os Carochos representan unha función teatral que mestura bailes, cantos, ritos de fertilización da terra, carreiras, pelexas entre personaxes e moito humor. Esta festa está declarada de Interese Turístico de Castela e León dende 2002.

A última xornada terá lugar o 16 de febreiro e estará dedicada ao entroido de Mugares (Toén) coas figuras dos Labardeiros e Señoritas, dúas das súas personaxes principais. Nela intervirán Ángeles Iglesias DaSilva (Presidenta da Asociación de Mulleres Rurais Amencer) e Rosa María Feijoo Rebollo (Concelleira de Cultura de Toén), axentes principais na labor de recuperación destas máscaras.

Post navigation

Previous: Convócase o VI concurso “Balbino” de Relatos
Next: Vedra non para en corentena

Máis novas

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.