Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

O Museo do Pobo Galego collerá unha xornada arredor da cultura da máscara

Cartel da xornada dedicada ás máscaras no Museo do Pobo Galego

Compostela, 23/03/2026 – O sábado, 28 de marzo, terá lugar na Ala sur do Museo do Pobo Galego a xornada “Máscaras: creación e diálogo, arredor da cultura da máscara”. Un encontro para repensar a cultura popular desde o presente: tradición, identidade e cambio nun mesmo espazo.

A cultura popular xa non pode entenderse como algo fixo nin pechado. Hoxe é un territorio dinámico onde tradición, modernidade e cultura de masas conviven e dialogan. Neste contexto, a máscara emerxe como un espazo de creación e reflexión, capaz de reinterpretar as herdanzas culturais e darlle novos significados.

No século XXI, a máscara funciona tamén como ferramenta para abordar cuestións sociais, como o xénero, e para construír formas de expresión colectiva máis inclusivas.

O recital “De man en man”, por Luis Antonio Pedraza recupera a esencia da música tradicional a través de instrumentos e melodías transmitidas ao longo do tempo, mantendo vivo un legado que continúa en movemento.

Luis Antonio Pedraza é un músico e folclorista zamorano, licenciado en Hª e Ciencias da Música pola Universidade de Salamanca e Diplomado en Educación Musical pola Universidade Pontificia de Salamanca, cun Máster-Especialista en Música Hispana pola Universidade de Valladolid.

Profesor de ensino secundario, foi fundador da Asociación de Tamborileros Zamoranos e membro do grupo La Musgaña. Colaborou con artistas como Joaquín Díaz, Luar na Lubre, Kepa Junkera ou Xabier Díaz, e conta con seis discos en solitario e quince colaboracións discográficas dedicadas á música tradicional. A súa traxectoria foi recoñecida con premios como o Premio MT “Joven Valor”, dous Premios Nacionais de Tamborileros, o Premio Nazionale di Cultura Zampognara (Italia) e o Premio URCACyL 2025.

A xornada forma parte da programación arredor da exposición temporal MASKS. Alas y Viento Collection. Nacho Rovira II, que se poderá ver no Museo do Pobo Galego até o 26 de abril. No marco da mesma programación, o venres, 27 de marzo, ás 16:30 horas, terá lugar a primeira dunha serie de visitas guiadas á exposición. Para inscribirse, é necesario enviar un correo electrónico a deac@museodopobo.gal até o 26 de marzo.

Programa

27 de marzo

16:30 h. Visita guiada á exposición MASKS. Alas y Viento Collection. Nacho Rovira II.

Inscrición previa: deac@museodopobo.gal.

28 de marzo

11:00 h. Intervencións:

Máscaras e xéneros. Elena Freire Paz e Marta Veiga Izaguirre (Universidade de Santiago de Compostela, Campus Terra)

A expansión do etnolóxico e a arte mascareira. M.ª Pilar Panero García (Universidad de Valladolid, proxecto MASKS)

Conversa aberta.

13:00 h. Recital: De man en man. Luis Antonio Pedraza.

A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Post navigation

Previous: Unha xestora de residuos de construción comezará a funcionar en Teo
Next: Val do Dubra prepárase para as feiras do Abril

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.