Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda
  • Compostela

O Museo da Maxia inaugura a súa nova programación

Este sábado colabora coa festividade “50 anos alo” con actuacións e obradoiros gratuitos de maxia infantil e a posta en marcha das “visitas máxicas”

Un momento dunha actuación no Museo da Maxia

Compostela, 05/06/2026 A promoción do ilusionismo galego e a promoción de as novas “visitas máxicas”, son os dous eixos do Museo da Maxia de Galicia que reabre as súas portas despois da reforma do espazo expositivo no local da Praza de San Martiño Pinario en Santiago de Compostela.

No acto de reinauguración, o director do centro, Eloy Fernández indicou que esta nova imaxe do museo persigue “un comisariado que situe no centro o valor do ilusionismo galego”. A nova programación inaugúrase este sábado, 6 de xuño, no marco da festividade do barrio de San Martiño “50 anos aló”.

 Ofrecerá unha programación gratuíta de maxia que inclúe obradoiros de maxia infantil, un espectáculo a cargo do colectivo Compostela Máxica, e a estrea do formato “Maxia nos escaparates do museo”, na que ademais do propio Eloy Fernández actuará Joshua Kenneth, ilusionista coruñés galardoado co Premio Europeo de Maxia.

Fernández estivo acompañado no acto dalgúns dos mellores ilusionistas de Galicia, coa participación estelar dunha lenda viva da maxia: o Mago Antón e de ao que diversos persoeiros do sector cultural, que valoraron moi positivamente os primeiros meses de actividade e a resposta do público ao Museo da Maxia desde a súa apertura o pasado mes de novembro, cando abriu as súas portas no espazo orixinal do museo de Kiko Pastur na Praza de San Miguel dos Agros.

Tras a modificación, o novo recinto expositivo vén acompañado das novas visitas máxicas Estrelas da maxia galega unha experiencia dunha hora de duración no museo na que pequenos e maiores poden abraiarse con pezas históricas, ilusións interactivas e trebellos sorprendentes, e a través da maxia en directo dos ilusionistas do museo, descubrir a fascinante e descoñecida historia da maxia galega.

A nova exposición permanente conta como gran novidade co legado completo do “Houdini galego”, o Conde de Waldemar. “este mago de Portomarín, foi o máis grande ilusionista de Galicia e foi coñecido como o rei dos magos e o mago dos reis, detivo o tráfico do Golden Gate de Nova York, e chegou a actuar para o emperador de Xapón.”

Presentación de A Cova das meigas

Tamén se presentou a nova sala clandestina do museo, A Cova das Meigas, que contará cunha tempada regular de espectáculos na que se programarán os mellores espectáculos de maxia de preto de Galicia, e tamén de ilusionistas estranxeiros. “Queremos que pouco a pouco a maxia teña a presencia que merece no tecido cultural, con propostas conectadas coa cidadanía e que poñan en valor a maxia galega, que conta cun gran recoñecemento no resto de España e do mundo.”

Post navigation

Previous: Compostela abre un servizo de asesoramento en aluguer
Next: Ordenando as colas á Catedral

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.