Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Ribeira
  • Xeral

O Mimarte Fest o 26 en Ribeira

O concello colabora co Mimarte Fest que recadara fondos para Ambar

Cartel do festival mimarte

Ribeira, 12/06/2026 – Ribeira colabora cunha nova iniciativa a favor da Asociación Ambar. Trátase da terceira edición do Mimarte Fest que se desenvolverá o 26 de xuño, ás 20.00 horas, no novo Auditorio municipal.

O obxectivo do Mimarte Fest é recadar fondos para a rehabilitación das vivendas inclusivas de Ambar, promovendo así a autonomía e mellorando a calidade de vida das persoas con diversidade funcional. 

Herminia Pouso, segunda tenente de alcaldesa de Ribeira, explica que “Cremos que esta é unha boa oportunidade para que o conxunto da cidadanía lle agradeza a Ambar todo o que levan feito polas persoas con diversidade e as súas familias, asistindo a este festival benéfico, pois o recadado coa venda das entradas destinarase integramente a dita acción”.

Pola súa parte, a presidenta de Ambar, Milagros Rey, explicou que a Administración local boirense cedeulles as antigas vivendas dos mestres en praia Xardín; uns inmobles que agora hai que acondicionar e, por este motivo, destinarán aí os fondos acadados.

Tamén interveu a directora de Mimarte, Tania Fuegho, quen manifestou que, ano tras ano, este “soño feito realidade” foi in crescendo. Un cento de alumnos de Mimarte de distintas disciplinas, xunto a usuarios de Ambar, serán os que demostren no escenario o seu talento para desfrute do público asistente.

Finalmente, Sergio Pouso, usuario de Ambar e participante nesta iniciativa, trasladou a súa vocación de actor e cantante e, no 26 de xuño, será a primeira vez que se suba a un escenario para así “acadar tódolos soños.”

As entradas xa están esgotadas, se ben hai a opción de botar unha man á causa a través da Fila 0, realizando unha doazón por Bizum co código: 14265.

Post navigation

Previous: Maquinaria pesada arrasa unha zona dunar en Aguiño
Next: 36ª Romaría da Rapazada

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.