Cada fin de semana repasamos o máis lido en Lindeiros nos cinco primeiros días da semana. Aquí tes as novas que máis interesaron do 6 ao 11 de outubro de outubro.

O máis lido da semana foi a nova sobre unha vítima de acoso sexual no concello de Padrón. Unha nova delicada pero que convida a reflexionar sobre que se pode facer para axudar a unha vítima antes de que haxa unha sentencia firme sobre o acoso.
Moi lida tamén foi a información sobre o pleno da Baña no que un dos membros da coalición de goberno votou co PP nun asunto, a composición das mesas de contratación, que non ten relevancia algunha.
Esta tempada ademais de informar decidimos opinar un chisco. Podes ver todos os vídeos de E logo… que foi? no seguinte enlace https://tinyurl.com/23jl45t6 e na nosa páxina de instagram https://www.instagram.com/lindeirosxornal/ .Comenta e séguenos #Lindeiros #EnGalego
Dúas novas teñen que ver con obras e co concello de Ames. Por unha banda a veciñanza queixase pola mala execución das obras de Covas. Por outra parte no Milladoiro tamén queixas, en este caso pola mala sinalización das obras de humanización da nacional 550.
Finalmente o Congreso Galego do Bonsai que se celebra precisamente hoxe e mañá en Val do Dubra foi esta semana a única nova positiva no computo das máis lidas.
