Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

O máis lido en Lindeiros do 20 ao 24 de outubro  do 2025

o mais lido do 20 ao 24 outubro 2025 slide

 Cada fin de semana repasamos o máis lido en Lindeiros nos cinco primeiros días da semana. Aquí tes as novas que máis interesaron do 20 ao 24 de outubro.


Dúas novas relacionadas coa educación foron as máis vistas na última semana. Por unha banda está a protesta dos alumnos de bacharelato do IES Antón Fraguas de Santiago, á que se sumou onte a dos mozos do Rosalía de Castro, na que piden poder saír do centro nas horas libres. Os cambios de normativa para o presente curso fai responsable ao centro do que lles pase en horario lectivo e a consecuencia foi a prohibición de saír do recinto.

Por outra banda publicabamos en exclusiva que os cativos que comen no colexio de Ventín, no Milladoiro en Ames, teñen as mesas no vestíbulo e nos corredores. Uns espazos presuntamente destinados a saídas de emerxencia. Un problema que, polo que se sabe, dáse desde o principio de curso ante a falta de acordo entre a dirección do colexio, Concello e Consellería sobre onde situalos.

Tamén en educación, pero en este caso en infraestruturas, ten reclamacións Melide. Piden un novo peche para o CEIP Martagona xa que o estado do actual compromete a seguridade do alumnado.

A preocupación, e as medidas que queren adoptar, os veciños da zona nova de Santiago con respecto á violencia xerada na zona nos últimos meses foi outra das novas máis lidas esta semana. Unha situación que non é nova pero que parece ir a máis.

No espazo cultural a presentación no Museo do Pobo Galego do catálogo do Cantar de Cego en Galego tamén espertou curiosidade. A do cego que de feira en feira vocea os seus cantares é unha figura coñecida en xeral pero os protagonistas galegos teñen a súa propia historia e esta publicación a descobre para o gran público.

O alumnado do IES Antón Fraguas quere saír do centro
O comedor escolar de Ventín trasladase ao vestíbulo

Os veciños da zona nova pasan a acción

Melide reitéralle á Xunta a necesidade dun  novo peche no CEIP da Martagona
O Museo do Pobo Galego presenta o Catálogo do Cantar de Cego Galego

Post navigation

Previous: Frades reclama de novo a mellora da atención primaria
Next: Franco por Julián Casanova

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.