Cada fin de semana repasamos o máis lido en Lindeiros nos cinco primeiros días da semana. Aquí tes as novas que máis interesaron do 19 ao 23 de maio.

Esta semana mantívose o interese entre o máis lido polo que sucede no colexio de Ventín en Ames; chegamos a coñecer que hai unha nova denuncia de acoso escolar pero decidimos non votar máis leña ata saber como se resolve.
Por outra banda a senda peonil e ciclista que a Xunta impulsa desde o Milladoiro a Compostela foi paralizada, na zona do Banquete de Conxo, por un informe de Patrimonio, dependente da propia Xunta; veremos agora que sucede co xa feito: árbores cortados, desmontes de terreos, etc.
Tamén do máis lido a nivel medio ambiental tivo percorrido a denuncia contra Altri, da Asociación Pola Defensa da Ría de Arousa e Adega, por presuntas irregularidades na tramitación dos permisos de Augas de Galicia; denuncia financiada integramente con doazóns da cidadanía.
Xa no plano cultural as festas da Ascensión parece que se agardan con gran interese; o Composfest, con Grande Amore, e as Tanxugueiras son pratos fortes pero o menú e variado e comeza case que cando acabe o Banquete de Conxo; maio é unha proba para os festeiros da bisbarra.